YakutatYakutat, Alaska
Yakutat
Entorno
Yakutat fai a segunda das xornadas da VIII Torneo de Vran en Alaska. Xa nos imos aposentando na costa noroeste do continente americano e non podes perder comba da clasificación xeral, xa que os 16 primeiros terán acceso privilexiado á Ojete’s Cup.
Yakutat deriva da lingua Tlingit e significa “lugar onde pousan as canoas”. Os primeiros poboadores foron os Eyak, que recibiros os inmigrantes Tlingit antes da chegada dos europeos. E dos poucos asentamentos nativos que ainda permanecen sen abandonar.
Os europeos edificaron un forte en 1795 para facilitar o comercio de pel de nutria pola compañía Shelikhov-Golikov, precursora da Russian-American Company.
Despois da compra de Alaska por Estados Unidos apareceron os bucadores de ouro. Máis adiante, fundóuse un aserradero, despois outro, unha fábrica de conservas, tendas e ferrocarril, todo feito pola Stimson Lumber Company, o que desenrolou a cidade.
Na segunda guerra mundial tivo unha guarnición de aviación, da que quedou a pista de aterraxe actual do Aeroporto de Yakutat.
Datos da estación

A estación Yakutat está a 59,52º de latitude e -139,67º de lonxitude e a unha altitude de 11 metros. Está en Yakutat, Alaska.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Visibilímetro
Localización

Estatísticas da estación · YakutatAltitude: 11 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2021 | VIII Torneo de Vran. Alaska | 2ª | 11 de xullo 2021 | 11,7 | 9,4 | 28,7 | 30,6 | kalandrakas, Nanuq | Compartida |