eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

SitkaSitka, Alaska

bandera y emblema de sitka, alaskaSitka

Entorno

Sitka é a escollida para o desenrolo da 3ª etapa do VIII Torneo de Vran en Alaska. Seguimos no arquipélago Alexander, na costa sueste de Alaska. Enclavada na costa oeste da Illa Baranov, pode ser decisiva para o progreso da competición.

barco a vapor cottage city en sitka, alaska

O nome de Sitka significa “xente dos aledaños da Illa Baranov” na lingua dos nativos Tlingit, que colonizaron o lugar fai 10000 anos. Os exploradores rusos chegaron en 1799 e déronlle o nome de Forte do Arcanxo Miguel (Fort Arkhangela Mikhaila). O governador da América Rusa, Alexander Baranov auspiciado pola Russian-American Company, fletada polo zar Pablo I e comezaba unha pequena guerra cos nativos Tlingit ata a súa derrota en 1804.

Ainda que o trato para a compra de Alaska polos Estados Unidos cerróuse en abril, non foi ata outubro que se realizou o pago e transferencia de control nesta cidade de Sitka. Pagaron 7,2 millóns de dólares. Foi a sede do goberno de Alaska ata 1906, cando se trasladou a Juneau pola Febre do Ouro do Klondike.

vista de sitka, alaska

Datos da estación

sitka weather station

A estación Sitka está a 57,05º de latitude e -135,36º de lonxitude e a unha altitude de 4 metros. Está en Sitka, Alaska. Foi dada de alta o 1 de setembro de 1944.

Sensores

  • Termómetro
  • Higrómetro
  • Barómetro
  • Pluviómetro
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Visibilímetro

Ver os datos da estación (National Weather Service)

Localización

sitka e mapa de alaska-min

Estatísticas da estación · SitkaAltitude: 4 m

17,22Media T. máx. (°C)mín. 17,22 · máx. 17,22
13,89Media T. mín. (°C)mín. 13,89 · máx. 13,89
1,02Media Lluvia (l/m²)mín. 1,02 · máx. 1,02
14,48Media Racha (km/h)mín. 14,48 · máx. 14,48
1Xornadas xogadas
1Gañadores
TemporadaLigaxornadaDataT. máx.T. mín.LluviaRachaGañadoresVitoria
2021VIII Torneo de Vran. Alaska3ª18 de xullo 202117,2213,891,0214,48MichiEn solitario