JuneauJuneau, Alaska
Juneau
Entorno
Juneau é a derradeira xornada do VIII Torneo de Vran en Alaska. Tanto se optas á vitoria no torneo, ó Top-3 ou o Top-10, esta vai ser a última oportunidade de mellora. Tamén quen queira un acceso á Ojete’s Cup 2021 ten eiquí a oportunidade de entrar no Top-16.
Juneau sitúase no arquipélago Alexander, no canal Gastineau. É a capital do estado de Alaska, ainda con poboación menor que Anchorage e Fairbanks, preto dos 30000 habitantes. Leva o nome na honra do buscador de ouro Joe Juneau. Atópase ó pé de montañas de ata 1200 m., onde se ubica o Campo de Xeo Juneau, masa nai de máis de 30 glaciares.
Juneau foi constituida en 1881, despois de medrar dende asentamento mineiro durante a Febre do Ouro cara finais do século XIX. Foi a primeira poboación fundada dende a compra de Alaska polos Estados Unidos.
Os fenómenos naturais castigan de cando en cando a Juneau con avalanchas de neve, sendo tamén escenario de fortes terremotos e erupcións volcánicas causados pola influencia do Anel de Fogo.
Datos da estación

A estación Juneau está a 58,35º de latitude e -134,58º de lonxitude e a unha altitude de 6 metros. Está en Juneau, Alaska. Foi dada de alta o 1 de setembro de 1936.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Visibilímetro
Localización

Estatísticas da estación · JuneauAltitude: 6 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2021 | VIII Torneo de Vran. Alaska | 5ª | 1 de agosto 2021 | 25 | 13,33 | 0 | 24,14 | botikas | En solitario |