eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Perisher ValleyPerisher Valley, New South Wales

coat of arms for liga de primaveira 2020 new south wales australia eltiempoentuojetePerisher Valley

Entorno

Derradeira etapa da VII Liga de Primaveira e desta vez alonxámonos da costa para subir ata a estación de esquí de Perisher Valley.

mount perisher snow cover new south wales primaveira 2020 eltiempoentuojete

Perisher Valley e o val que descansa baixo o Monte Perisher, nas Snowy Mountains. Está ubicado no Concello Rexional de Snowy Monaro e é unha das catro bases do complexo de esquí Perisher. Atópase integrado no Parque Nacional Kosciuszko. O principal acceso ó val é o ferrocarril alpino Skitube, de deseño suizo e posto en funcionamento en 1988.

En Snowy Mountains houbo ocupación aborixe durante miles de anos.Edmund Strzelecki, explorador polaco, foi o primeiro en ascender o monte Kosciuszko, que lle deu o nome dun compatriota. Cara 1930 tivo o boom do esquí en Australia e na década dos 50 comezaron as instalacións de cables remolcadores. As aperturas dos telesillas nos anos 6o foi o detonante da futura instalación do tren alpino Skitube.

perisher valley pleasant snow cover new south wales primaveira 2020 eltiempoentuojete

Datos da estación

perisher valley weather station south wales primaveira 2020 eltiempoentuojete

A estación Perisher Valley está a -36,41º de latitude e 148,41º de lonxitude e a unha altitude de 1.738 metros. Está en Perisher Valley, New South Wales. Foi dada de alta o 21 de maio de 2010.

Sensores

  • Termómetro
  • Higrómetro
  • Pluviómetro
  • Anemómetro
  • Catavento

Ver os datos da estación (Bureau of Meteorology (BoM))

Localización

Estatísticas da estación · Perisher ValleyAltitude: 1.738 m

5,70Media T. máx. (°C)mín. 5,7 · máx. 5,7
-7,70Media T. mín. (°C)mín. -7,7 · máx. -7,7
0,00Media Lluvia (l/m²)mín. 0 · máx. 0
15,00Media Racha (km/h)mín. 15 · máx. 15
1Xornadas xogadas
1Gañadores
TemporadaLigaxornadaDataT. máx.T. mín.LluviaRachaGañadoresVitoria
2020VII Liga de Primaveira. New South Wales10ª7 de xuño 20205,7-7,7015MariusEn solitario