LiraCARNOTA, A Coruña
Lira
Entorno
Lira é a nova xornada da XIII Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. A escollida para a celebración da 9ª etapa atopámola no concello de Carnota. Das derradeiras antes de afrontar os meses de decembro e xaneiro os maiores cumios de Galicia.
A estación meteorolóxica de Lira está en Santa María de Lira, entre Lariño e Carnota, que da nome ó concello. Ten un bonito conxunto de praias, coma a de Mar de Lira, bandeira azul, ainda que a actividade económica está baseada na pesca e o marisqueo. Famosos son os ourizos de mar e os santiaguiños. Visitables son o Castro de Mallou, da idade de ferro e o Hórreo de Lira, que xunto o de Carnota son os máis longos de Galicia.
O concello de Carnota pertence á comarca de Muros. Túmulos e castros indican a presenza humana dende tempos remotos. O hórreo de Carnota é inferior ó de Lira por poucos centímetros, ainda que está mellor conservado. Os espacios naturais son moi visitables. O Monte Pindo acumula multitude de lendas. Tamén as ten o río Xallas, quizáis pola máis que famosa fervenza do Ézaro, que verte a sua auga doce directamente ó Oceano Atlántico.
Datos da estación

A estación Lira está a 42,80º de latitude e -9,13º de lonxitude e a unha altitude de 170 metros. Está en CARNOTA, A Coruña. Foi dada de alta o 8 de abril de 2010.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
Localización

Estatísticas da estación · LiraAltitude: 170 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 9ª | 16 de novembro 2025 | 16 | 11,99 | 4,8 | 86,5 | Enrico Ferni | En solitario |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 9ª | 24 de novembro 2024 | 18,7 | 9,6 | 54,7 | 95,2 | M.B.Joaquín | En solitario |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 9ª | 19 de novembro 2023 | 16,6 | 14,9 | 0,8 | 30,9 | verducido | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 9ª | 21 de novembro 2021 | 16,4 | 9,9 | 0 | 47,5 | botikas | En solitario |
| 2020-21 | VII Liga da Inverneira de Galicia | 9ª | 22 de novembro 2020 | 17,3 | 11,7 | 0 | 23,2 | Iago, Nanuq, Popolo, Víbora | Compartida |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 9ª | 24 de novembro 2019 | 14,8 | 7,4 | 18,9 | Aki, Bar Pequeno, Breogán77, Juanito Caminante, Mina, Nanuq | Compartida |