CastrovePOIO, Pontevedra
Castrove
Entorno
A 10ª xornada da V Liga da Inverneira de Galicia localízase en O Castrove, no concello de Poio. Sendo un concello marítimo optamos pola estación do interior. Outra pedra no camiño cara o exito para os meteoludópatas de eltiempoentuojete.
O monte Castrove localízase na Serra do Castrove e as crestas das montañas sinalan os límites dos catro concellos que a comparten: Pontevedra, Poio, Meis e Barro. O propio monte Castrove pertence a Poio, e alí atopamos a estación. Que, para ser exactos está no lugar de A Escusa, na subida á serra. As vistas encadran as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.
O concello de Poio ten un gran número de praias dende Pontevedra ata Samieira. A inmensa maquinaria turística fai que medren os servicios hosteleiros sen parar. Visitar o Convento de San Xoan de Poio e unha alternativa ás praias xunto o Conxunto Histórico Artístico de Combarro, persoalmente, a día de hoxe, vítima da sobreexplotación.
Datos da estación

A estación Castrove está a 42,46º de latitude e -8,72º de lonxitude e a unha altitude de 515 metros. Está en POIO, Pontevedra. Foi dada de alta o 21 de novembro de 2001.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
Localización

Estatísticas da estación · CastroveAltitude: 515 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 10ª | 1 de decembro 2019 | 9,8 | 5,7 | 19,5 | 58,9 | Julio | En solitario |