Serra do EixeA VEIGA, Ourense
Serra do Eixe
Entorno
A decimocuarta cita da XIII Liga da Inverneira entrou coma suplente, pero atopou o seu lugar nesta edición. A estación de Serra do Eixe, no concello de A Veiga.
A Veiga é un dos concellos de maior extensión da provincia de Ourense. Enmarcada na comarca de Valdeorras, o concello conta co cumio a maior altitude de toda Galicia, Pena Trevinca. Tamén conta co encoro de Prada, alimentado polo río Xares. Este encoro sumerxíu o pobo de A Alberguería pouco despois da construcción da presa, cara maio de 1959
O concello está integrado no xeodestino Manzaneda-Trevinca. Conta con varias rutas de alta montaña e deportes acuáticos no encoro de Prada. Dentro dos productos de calidade da zona atopamos o mel, as castañas e os cogumelos e unha grande calidade nas carnes de razas vacúns autóctonas. Tamén recoñecido polo seu entroido, variante de alta montaña, con detalles da convivencia dos humanos co mundo animal.
Datos da estación

A estación Serra do Eixe está a 42,36º de latitude e -7,01º de lonxitude e a unha altitude de 1.229 metros. Está en A VEIGA, Ourense. Foi dada de alta o 7 de xuño de 2005.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
Localización

Estatísticas da estación · Serra do EixeAltitude: 1.229 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 14ª | 21 de decembro 2025 | -0,51 | -2,7 | 0 | Breogán77, kalandrakas | Compartida | |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 14ª | 29 de decembro 2024 | 7,4 | 0,7 | 0,3 | 16,3 | Julio | En solitario |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 14ª | 24 de decembro 2023 | 13,2 | 3,1 | 0 | 15,5 | M.B.Joaquín | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 14ª | 26 de decembro 2021 | 9,6 | 4,8 | 19,4 | 70,7 | Marius | En solitario |
| 2020-21 | VII Liga da Inverneira de Galicia | 14ª | 27 de decembro 2020 | 4,7 | -0,3 | 10,1 | 94,9 | Punteiro | En solitario |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 14ª | 29 de decembro 2019 | 18,8 | 8,8 | 0 | 14,4 | Lukas | En solitario |