eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Fornelos de MontesFORNELOS DE MONTES, Pontevedra

escudo do concello de fornelos de montesFornelos de Montes

Entorno

En Fornelos a chuvia ten unha cita ineludible ano tras ano. Sempre no Top-3 de estacións meteorolóxicas en canto a pluviosidade se refire. E acumula máis coronas anuais que ningunha outra. A 21ª xornada da Liga da Inverneira en Galicia de eltiempoentuojete celébrase no concello de Fornelos de Montes. Por riba, entramos no tramo final da Liga. Cántas dúbidas…

iglesia de santo adrián de calvos en fornelos de montes

O concello de Fornelos de Montes pertence á comarca de Vigo, á que abastece de auga dende o encoro de Eirás. A zona de montaña pertence á Serra do Suido, con cimas por riba dos mil metros. Dende os altos, baixa a moi considerable cantidade de auga ata os vales fluviais, que co tempo formaron barrancos e fervenzas moi inestabeis. Gozan de temperaturas mornas no vran, pero xeralmente frías no inverno.

Preto do encoro de Eirás existe o chamado Monte da Cidade. É un curioso enclave de orixe castrexo duns 6000 m², con ríos e serras con abundante caza e pesca. O lugar ten un foso defensivo, pero o máis curioso é que ten outro que atravesa o poboado polo medio. Auténtica maxia de Galicia.

cascada fervenza de casariños en fornelos de montes

Datos da estación

estación meteorolóxica fornelos en fornelos de montes

A estación Fornelos de Montes está a 42,32º de latitude e -8,40º de lonxitude e a unha altitude de 705 metros. Está en FORNELOS DE MONTES, Pontevedra. Foi dada de alta o 1 de xaneiro de 2000.

Sensores

  • Termómetro
  • Higrómetro
  • Barómetro
  • Pluviómetro
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro (radiación solar)
  • Termómetro do solo

Ver os datos da estación (MeteoGalicia)

Localización

concello de fornelos de montes en mapa de galicia

Estatísticas da estación · Fornelos de MontesAltitude: 705 m

10,10Media T. máx. (°C)mín. 8,5 · máx. 12,6
4,87Media T. mín. (°C)mín. 3,5 · máx. 6,2
20,22Media Lluvia (l/m²)mín. 5,6 · máx. 37,6
53,90Media Racha (km/h)mín. 38,1 · máx. 74,4
5Xornadas xogadas
9Gañadores
TemporadaLigaxornadaDataT. máx.T. mín.LluviaRachaGañadoresVitoria
2025-26XII Liga da Inverneira22ª15 de febreiro 20268,915,4532,258,3CrisEn solitario
2024-25XI Liga da Inverneira21ª16 de febreiro 202512,66,25,638,1beocha, Compoñente SurCompartida
2023-24X Liga da Inverneira21ª11 de febreiro 2024104,18,350Breogán77En solitario
2021-22VIII Liga da Inverneira21ª13 de febreiro 20228,53,537,674,4Iago, Julio, Nanuq, verducidoCompartida
2019-20VI Liga da Inverneira de Galiza20ª9 de febreiro 202010,55,117,448,7kalandrakasEn solitario