eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Punta CandieiraCEDEIRA, A Coruña

escudo do concello de cedeiraPunta Candieira

Entorno

A de Punta Candieira é unha xornada para os amantes dos refachos de vento. Xunto a Castro Vicaludo, entre as máis ventosas da costa do país galego. Pero ademáis tamén chove forte, ainda que as temperaturas están moderadas polo mar aberto. Cando somentes quedan catro xornadas, é unha etapa moi perigosa.

faro de punta candieira en cedeira desde el mar

O faro de Punta Candieira construíuse a comezo dos anos 30 e inaugurouse en 1954. Oito kilómetros o separan de Cedeira. Nos derradeiros mil metros descende dende os 230 metros do monte Purrido ata os 80 metros de altirude no faro. Eiquí comezan os acantilados máis altos de Europa, na Serra da Capelada, que rematan no mítico Cabo Ortegal.

Cedeira é un precioso pobo mariñeiro no norte das Rías Altas. Impresionante a calidade do marisco nos seus restaurantes. A unha ducia de kilómetros podes visitar o santuario de S. Andrés de Teixido, cheo de misticismo e fé. Non deixes de probar os percebes, do mellor de Galicia e, por tanto, do mundo. A primeiros de xuño celebran o Curro da Capelada, o Sabucedo do norte.

punta candieira vista desde el aire-min

Datos da estación

estación meteorolóxica de punta candieira en cedeira

A estación Punta Candieira está a 43,70º de latitude e -8,05º de lonxitude e a unha altitude de 254 metros. Está en CEDEIRA, A Coruña. Foi dada de alta o 5 de agosto de 2004.

Sensores

  • Termómetro
  • Higrómetro
  • Barómetro
  • Pluviómetro
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro (radiación solar)

Ver os datos da estación (MeteoGalicia)

Localización

concello de cedeira en mapa de galicia

Estatísticas da estación · Punta CandieiraAltitude: 254 m

12,50Media T. máx. (°C)mín. 10,3 · máx. 15,2
8,84Media T. mín. (°C)mín. 6,4 · máx. 12,4
1,68Media Lluvia (l/m²)mín. 0 · máx. 4,9
50,68Media Racha (km/h)mín. 23,9 · máx. 99,3
5Xornadas xogadas
8Gañadores
TemporadaLigaxornadaDataT. máx.T. mín.LluviaRachaGañadoresVitoria
2024-25XI Liga da Inverneira22ª23 de febreiro 202515,29,4099,3botikasEn solitario
2023-24X Liga da Inverneira22ª18 de febreiro 202414,512,43,231,1KaltxonEn solitario
2021-22VIII Liga da Inverneira22ª20 de febreiro 2022129,40,348Punteiro, SarabiaCompartida
2020-21VII Liga da Inverneira de Galicia22ª21 de febreiro 202110,56,44,951,1botikas, modesto, Rasta76, XowiCompartida
2019-20VI Liga da Inverneira de Galiza22ª23 de febreiro 202010,36,6023,9OscarEn solitario