XinzoXINZO DE LIMIA, Ourense
Xinzo
Entorno
A estación Xinzo, en Xinzo de Limia é a seguinte parada da XIII Liga da Inverneira de Galicia. Fai a número 24 no conxunto de etapas, polo que só quedan por desputar tres xornadas, contando a deste fin de semana. Xinzo semella se unha etapa de transición, pero… pode ser de transición cando resta tan pouco para o remate…?
Se por algo se coñece Xinzo de Limia, é polo seu entroido. A orixe non está documentada, pero semella que ven de ritos agricolas dos tempos prerrománicos. Desenrrólase durante un mes e ten coma protagonistas “as Pantallas”, vestidos de branco, con máscaras de cores, capa vermella e campanelas. Armados con vexigas persiguen ós varóns non disfrazados, álzanos en alto e lévanos ata un bar, onde penarán en cuncas de ribeiro.
A Lagoa de Antela e unha lagoa desecada na década dos anos 50, ainda que xa o tentaran os romanos. Abarcaba cinco concellos da comarca da Limia. Na actualidade está aproveitada para a agricultura, ainda que queda algunha empresa arenera, pola calidade da area da lagoa.
Datos da estación

A estación Xinzo está a 42,10º de latitude e -7,72º de lonxitude e a unha altitude de 616 metros. Está en XINZO DE LIMIA, Ourense. Foi dada de alta o 15 de febreiro de 2000.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
- Humidade do solo
- Humectación foliar
Localización

Estatísticas da estación · XinzoAltitude: 616 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 25ª | 8 de marzo 2026 | 16 | 1,55 | 0 | 20,9 | botikas, Marius | Compartida |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 24ª | 9 de marzo 2025 | 11,37 | 4,35 | 0,6 | 42,66 | Denodeno, Víbora | Compartida |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 24ª | 3 de marzo 2024 | 8,3 | 1 | 0,8 | 39,6 | Julio | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 24ª | 6 de marzo 2022 | 10,9 | -2,5 | 0 | 32,2 | Compoñente Sur, Kaltxon | Compartida |
| 2020-21 | VII Liga da Inverneira de Galicia | 24ª | 7 de marzo 2021 | 12,3 | 0,8 | 0 | 22,5 | Xowi | En solitario |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 23ª | 1 de marzo 2020 | 13,3 | 6,5 | 16,6 | 68,9 | Rasta76 | En solitario |