eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

LardeiraCARBALLEDA DE VALDEORRAS, Ourense

Lardeira

Entorno

A etapa de Lardeira ten pouca experiencia en eltiempoentuojete. Tes que saber que é unha das estación que rexistra temperaturas máis baixas e das que recolle máis refacho. Na pasada III Liga da Inverneira deixou un refacho de 128 km/h, chuvia e mínimas baixo 0º. Qué nos agarda este ano…?

A estación de Lardeira sitúase por riba dos 1600 metros na comarca de Valdeorras. Ten pouco máis de dez anos en activo e dende aquela ten os maiores rexistros de refacho de vento no interior do país, por riba ás veces de Xesteiras en Cuntis. Ademáis chove máis que a media da provincia. Para rematar, as xiadas alí son de categoría superior. Queres máis?

A principal actividade de Carballeda de Valdeorras son as canteiras de pizarra. O río Sil pasa preto, pero ten máis importancia o río Casaio. Éste e outros baixan da Serra do Eixe, que ten a maior altura no Macizo de Pena Trevinca. Alí atópase o único bosque de teixos que queda en toda Galicia, o Teixadal de Casaio. Merece a pena visitalo antes de que sexa demasiado tarde.

vista panoramica desde lardeira en carballeda de valdeorras

Datos da estación

estación meteorolóxica de lardeira en carballeda de valdeorras

A estación Lardeira está a 42,38º de latitude e -6,78º de lonxitude e a unha altitude de 1.620 metros. Está en CARBALLEDA DE VALDEORRAS, Ourense. Foi dada de alta o 11 de xullo de 2007.

Sensores

  • Termómetro
  • Higrómetro
  • Barómetro
  • Pluviómetro
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro (radiación solar)
  • Termómetro do solo
  • Nivómetro (espesor de neve)

Ver os datos da estación (MeteoGalicia)

Localización

concello de carballeda de valdeorras no mapa de galicia

Estatísticas da estación · LardeiraAltitude: 1.620 m

5,81Media T. máx. (°C)mín. 1,4 · máx. 11,5
-0,38Media T. mín. (°C)mín. -6,1 · máx. 4,8
1,24Media Lluvia (l/m²)mín. 0 · máx. 4,4
55,74Media Racha (km/h)mín. 20,8 · máx. 92,1
5Xornadas xogadas
8Gañadores
TemporadaLigaxornadaDataT. máx.T. mín.LluviaRachaGañadoresVitoria
2025-26XII Liga da Inverneira21ª8 de febreiro 20261,77-3,124,483,1KaltxonEn solitario
2024-25XI Liga da Inverneira20ª9 de febreiro 20255,23,20,947,8JulioEn solitario
2023-24X Liga da Inverneira20ª4 de febreiro 202411,54,8020,8LandránEn solitario
2021-22VIII Liga da Inverneira20ª6 de febreiro 20229,2-0,7034,9beocha, Michi, Sarabia, VíboraCompartida
2020-21VII Liga da Inverneira de Galicia20ª7 de febreiro 20211,4-6,10,992,1verducidoEn solitario