A GándaraVIMIANZO, A Coruña
A Gándara
Entorno
A 10ª xornada da XIII Liga da Inverneira de Galicia localízase en A Gándara, no concello de Vimianzo. É a primeira vez que se vai xogar neste lugar, despóis do faio da estación de O Castrove, sen tódolos datos dende fai meses. Visitamos a Terra de Soneira.
A Terra de Soneira está chea de anacos de historia. Dentro do estilo románico podemos atopar esta fermosa portada da Igrexa de Cereixo, onde podes observar unha escena da chegada do corpo do Apóstolo Santiago nunha barca de pedra, como reza a mitoloxía cristiá. Esta igrexa está reformada en varias épocas posteriores, con engadidos coma a espadaña, pero conserva esta preciosa portada.
Dentro dos monumentos prehistóricos podemos falar de unha inxente cantidade de elementos megalíticos. É a maior concentración de túmulos e dólmenes en toda Galicia. Moi recomendables visitas á Pedra da Arca, en Baiñas e a Pedra Cuberta, en Treos. Ademáis, moitos petroglifos e castros, como o monumental castro de As Barreiras, no mesmo núcleo de Vimianzo.
Datos da estación

A estación A Gándara está a 43,11º de latitude e -9,06º de lonxitude e a unha altitude de 405 metros. Está en VIMIANZO, A Coruña. Foi dada de alta o 3 de agosto de 2009.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
Localización

Estatísticas da estación · A GándaraAltitude: 405 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 10ª | 23 de novembro 2025 | 11,96 | 10,94 | 9,2 | 78,6 | Rasdgar | En solitario |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 10ª | 1 de decembro 2024 | 14,5 | 11,1 | 4,3 | 56,8 | Bar Pequeno | En solitario |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 10ª | 26 de novembro 2023 | 13,5 | 9,4 | 0 | 37,9 | Landrán | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 10ª | 28 de novembro 2021 | 10,7 | 6,6 | 8,7 | 56,9 | Víbora | En solitario |
| 2020-21 | VII Liga da Inverneira de Galicia | 10ª | 29 de novembro 2020 | 13 | 8,9 | 0 | 35,1 | Lume, Xowi | Compartida |