eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Penedo do GaloVIVEIRO, Lugo

escudo do concello de viveiroPenedo do Galo

Entorno

Benvidos meteoludópatas a esta segunda etapa da XIII Liga Inverneira e desta volta imos chegar ata a Mariña Occidental na costa norte da nosa comunidade, pertencente o concello de Viveiro, chamado Flavia Lambris polos romanos, están tolos!!
O término municipal de Viveiro atópase atravesado pola ¨Faia de Viveiro” que mide 142 km de lonxitude formada no periodo cámbrico. Viveiro caracterízase pola suavidade das súas temperaturas e a pluviosidade cunha oscilación térmica débil o que nos da un suave inverno e temperaturas moderadas no verao​, típico do clima atlántico, inda que na estación de Penedo de Galo estará interesante a disputa dos refachos. A ver pra onde sopra o vento.

acantilados en viveiro

Nesta zona de abraiantes cantís e humedáis coma o que se forma na desembocadura do río Louro, podemos destacar tamén o eucalipto da variedade globulus coñecido como O Avó que foi prantado en 1880 e chega ata os 67 metro de altura, 10.5m de perímetro na súa base un volumen de 75.2 m cúbicos(os de ENCE xa lle votaron o ollo), está considerado como a árbore máis grande de España, ahí é nada.

Pero aparte de natureza e cultura tamén ten boas festas; a Semana Santa de Viveiro e Festa de Interés Turístico internacional, así coma a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, que son Festas de Interese Turístico Nacional. E sobre todo o demáis O Resurrection Fest, o faro que nos guía ata a voráxime de sexo, drogas e rock&roll e o que se tercie.

resurrection fest en viveiro

Datos da estación

estación meteorolóxica de penedo do galo en viveiro

A estación Penedo do Galo está a 43,66º de latitude e -7,56º de lonxitude e a unha altitude de 545 metros. Está en VIVEIRO, Lugo. Foi dada de alta o 1 de xuño de 2005.

Sensores

  • Termómetro
  • Higrómetro
  • Pluviómetro
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro (radiación solar)

Ver os datos da estación (MeteoGalicia)

Localización

concello de viveiro en mapa de galicia

Estatísticas da estación · Penedo do GaloAltitude: 545 m

16,95Media T. máx. (°C)mín. 11,6 · máx. 29,5
12,77Media T. mín. (°C)mín. 8,1 · máx. 22,6
9,16Media Lluvia (l/m²)mín. 0 · máx. 23,8
56,67Media Racha (km/h)mín. 20 · máx. 91,7
8Xornadas xogadas
8Gañadores
TemporadaLigaxornadaDataT. máx.T. mín.LluviaRachaGañadoresVitoria
2026-27XIII Inverneira 20262ª4 de outubro 202616142153botikasEn solitario
2025-26XII Liga da Inverneira2ª28 de setembro 202514,5312,239,952,9botikasEn solitario
2024-25XI Liga da Inverneira2ª6 de outubro 202416,912,323,891,7MinaEn solitario
2023-24X Liga da Inverneira2ª1 de outubro 202329,522,6020Bar Pequeno, PopoloCompartida
2022-23IX Liga da Inverneira2ª2 de outubro 202218,412,3041,7KaltxonEn solitario
2021-22VIII Liga da Inverneira2ª3 de outubro 202113,88,15,373Juanito CaminanteEn solitario
2020-21VII Liga da Inverneira de Galicia2ª4 de outubro 202011,68,412,684,3BalboaEn solitario
2019-20VI Liga da Inverneira de Galiza2ª6 de outubro 201914,912,20,736,79IruEn solitario