ChandelManipur
Chandel
Entorno
É un dos 29 estados que, xunto cos 7 territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital é Imphal, limitando ao norte con Nagaland, ao leste con Birmania, ao sur con Mizoram e ao oeste con Assam. A etnia maioritaria é a dos meiteis. O seu idioma, o meitei é tamén a lingua do estado. Como curiosidade sinalar que en Manipur orixinóuse o xogo do polo. Como estado baixo protectorado británico Manipur tivo ata 1907 dúas bandeiras, unha branca e outra vermella cunha serpe. A estas bandeiras chamábanllas Pakhangba (Bandeira da Serpe).
En 1907 creouse unha nova bandeira. A bandeira branca quedou como real e a vermella como de Estado. A nova bandeira adoptada seguía o mesmo criterio dun mesmo formato con dúas cores (unha vermella e outra branca) contendo o escudo dinástico e era considerada a nacional, aínda que máis ben era unha bandeira dinástica. A adoptada como bandeira de Estado no breve período de independencia de 1947 a 1949 foi a Pakhangba (bandeira da serpe) na súa versión en vermello. Esta bandeira foi conservada polos independentistas como a bandeira nacional, ata a data.
En Manipur existen numerosos grupos armados separatistas que iniciaron as súas accións pouco despois da independencia do país e que seguen plenamente activos, concretamente 33. Manipur é un dos estados con maior índice de desemprego polo que moitos mozos únense aos grupos armados buscando solucións aos seus problemas (aquí, darlle ao porno e ás drogas) pero xa sabes, onde fores, feixe o que veres, así que, machete e á lea.
Datos da estación
A estación Chandel está a 24,33º de latitude e 94,02º de lonxitude. Está en Manipur.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Pluviómetro
- Catavento
Localización

Estatísticas da estación · Chandel
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2022 | IX Torneo de Vran. Brahmaputra. India | 1ª | 3 de xullo 2022 | 30,8 | 21 | 21 | 18,5 | Sarabia | En solitario |