WilliamtownWilliamtown, New South Wales
Williamtown
Entorno
O destino da 5ª cita da VII Liga da Primaveira está na rexión de Hunter, na zona central da costa de New South Wales. Facemos unha achega a Williamtown.
Williamtown é un barrio rural dependente de Port Stephens, na rexión de Hunter, en New Soth Wales. Cara o sur ten saida á gran bahía do río Hunter e no sudeste cara o mar de Tasmania, en Stockton Beach, coñecida pola grande cantidade de naufraxios eiquí acontecidos. Ubicada na carretera entre Nelson Bay e Newcastle, sitúase a 173 kilómetros ao norte de Sydney.
A zona oriental de Williamtown está ocupada polo aeroporto de Newcastle e a Base da RAAF, Real Forza Aérea Australiana, establecida no 1941 para proporcionar protección ás fábricas de aceiro e ós portos estratéxicos da rexión de Hunter. Hoxe en día é a sede do Centro de Guerra da Forza de Desefensa Australiana e o Grupo de Vixiancia e Resposta da RAAF.
Datos da estación

A estación Williamtown está a -32,79º de latitude e 151,84º de lonxitude e a unha altitude de 8 metros. Está en Williamtown, New South Wales. Foi dada de alta o 1 de xaneiro de 1942.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
Localización

Estatísticas da estación · WilliamtownAltitude: 8 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2020 | VII Liga de Primaveira. New South Wales | 5ª | 3 de maio 2020 | 19,7 | 9,4 | 0 | 41 | Iago | En solitario |