CourelFOLGOSO DO COUREL, Lugo
Courel
Entorno
A 18ª xornada da XIII Liga da Inverneira está adxudicada a estación Courel, no concello Folgoso de O Courel. Afrontamos as derradeiras xornadas de montaña e todavía podes aproveitalas, a menos que esperes que pasen canto antes. Normalmente chuvioso, O Courel agarda e ás veces non perdoa…
O relieve foi o que salvou a O Courel de moitos avatares históricos, polo que podes atopar restos prehistóricos ben conservados. Ademáis, os restos de minas de ouro romanas son moitos. Eran explotacións a ceo aberto, onde a auga facía os traballos de desmonte, arrastre e lavado do material. Moitos son os canais excavados no monte para recoller e transportar a auga que ainda están á vista.
A fauna de O Courel é das máis ricas do noroeste ibérico. Atopamos ó lobo no alto da pirámide, raposos, martas… Xabaríns e corzos campan tranquilamente. Aves rapaces coma falcóns, cernícalos, gaviáns. Últimamente perdemos de vista ás aguias reais, que antes criaban na serra. O mesmo sucede cos buhos reais. Entre os reptís, varias cobras, víboras e lagartos. Na fauna fluvial destacan troitas, anguías, tritóns, salamandras, e rás. En Formigueiros e O Couto viven o 70% das volvoretas do país.
Datos da estación

A estación Courel está a 42,59º de latitude e -7,19º de lonxitude e a unha altitude de 777 metros. Está en FOLGOSO DO COUREL, Lugo. Foi dada de alta o 9 de setembro de 2005.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
Localización

Estatísticas da estación · CourelAltitude: 777 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 19ª | 25 de xaneiro 2026 | 5,79 | 3,1 | 21,4 | 68,5 | Sarabia | En solitario |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 18ª | 26 de xaneiro 2025 | 11,4 | 6,3 | 44,3 | 78 | Mina | En solitario |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 18ª | 21 de xaneiro 2024 | 11,6 | 3,1 | 0 | 35,7 | botikas, verducido | Compartida |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 18ª | 23 de xaneiro 2022 | 10,7 | 0,3 | 0 | 15,5 | Denodeno, Kaltxon | Compartida |
| 2020-21 | VII Liga da Inverneira de Galicia | 18ª | 24 de xaneiro 2021 | 6,9 | 3,9 | 13,5 | 43,8 | Landrán | En solitario |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 18ª | 26 de xaneiro 2020 | 8,5 | 2,3 | 0 | 46,1 | beocha, Mermelada | Compartida |