7ª xornada · CequeliñosDomingo 8 de novembro de 2026 · XIII Inverneira 2026
← Xornada anteriorAo calendarioClasificaciónSeguinte xornada →
Prazos para apostar
- Pódese apostar dende o 02/11 00:00.
- Ata o 06/11 23:59 pódese apostar e cambiar a aposta as veces que se queira: vale a última.
- Ata o 07/11 18:00, quen aínda non apostou pode facelo con penalización. Despois non se recolle ningunha e vense as presentadas.
Apostar
Aínda non se pode apostar a esta xornada.
Cequeliños
Entorno
Cequeliños significa outro paso máis no camiño da XIII Liga da Inverneira de Galicia. Esta séptima xornada vaise desputar na fronteira sur do país, tendo coma silentes espectadores ós nosos amigos lusos (de momento).
Cequeliños é unha parroquia pertencente o concello de Arbo e moi preto da capital. Unha das suas características é a cantidade de pazos e casas solariegas, con notábeis traballos en pedra. Moitos escudos recordan o carácter nobiliario de toda a zona. Podes atopar tamén antigos acueductos ou canais de auga que levaban a auga ás mellores e máis ricas residencias. Moitas tamén dispoñían de pesqueiras de lamprea para pescar en exclusiva .
O concello de Arbo está dominado polo río Miño. A raiña é sen dúbida a lamprea, preparada de moitas máis maneiras do que pensas. Pero sen esquecer os viños, branco e tinto. Este tramo do Miño, xunto cun microclima privilexiado aporta un carácter especial o Albariño e o Condado. Tamén podes degustar os viños da beira portuguesa, grazas á ponte internacional.
Datos da estación

A estación Cequeliños está a 42,13º de latitude e -8,26º de lonxitude e a unha altitude de 187 metros. Está en ARBO, Pontevedra. Foi dada de alta o 7 de febreiro de 2000.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
- Humidade do solo
- Humectación foliar
Localización

Estatísticas da estación · CequeliñosAltitude: 187 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 7ª | 2 de novembro 2025 | 15,64 | 8,36 | 0 | 18,3 | botikas, Rasta, verducido | Compartida |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 7ª | 10 de novembro 2024 | 18,5 | 13,5 | 2,2 | 19 | Landrán, verducido | Compartida |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 7ª | 5 de novembro 2023 | 13,1 | 9,2 | 37,6 | 34 | Kaltxon | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 7ª | 7 de novembro 2021 | 13,9 | 4,2 | 0 | 29 | Ocandepavlov | En solitario |
| 2020-21 | VII Liga da Inverneira de Galicia | 7ª | 8 de novembro 2020 | 18 | 12,7 | 9,8 | 46,1 | Landrán | En solitario |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 7ª | 10 de novembro 2019 | 10,4 | 7 | 5,6 | 11,5 | Jose Lopez | En solitario |
← Xornada anteriorAo calendarioClasificaciónSeguinte xornada →