8ª xornada · MurallaDomingo 15 de novembro de 2026 · XIII Inverneira 2026
← Xornada anteriorAo calendarioClasificaciónSeguinte xornada →
Prazos para apostar
- Pódese apostar dende o 09/11 00:00.
- Ata o 13/11 23:59 pódese apostar e cambiar a aposta as veces que se queira: vale a última.
- Ata o 14/11 18:00, quen aínda non apostou pode facelo con penalización. Despois non se recolle ningunha e vense as presentadas.
Apostar
Aínda non se pode apostar a esta xornada.
Muralla
Entorno
A oitava cita da XIII Liga da Inverneira viaxa á comarca de Noia. Desta vez visitamos Muralla, no concello de Lousame, preto da Ría de Noia e o pobo do mesmo nome.
O concello de Lousame atópase no sur da Ría de Noia e ten unha orografía con profundos vales e varios puntos altos de ata 800 metros de altitude, o que fai que as temperaturas oscilen dun punto a outro. E unha zona de alta pluviosidade a nivel Galicia, recollendo moita da auga que entra pola ría de Noia no seu propio “camiño de Santiago” cara Compostela e o seu feudo catedralicio, do que formou parte na Idade Media.
O concello tivo o seu momento de máximo esplendor durante a metade do século XIX coa creación de ata cinco fábricas de papel. A máis próspera foi a fundada no 1863 por Domingo Fontán. Se non coñeces este persoaxe, aconsellamos ler o artigo “O home que mediu Galicia”, do compañeiro Popolo. Lee o artigo eiquí.
O segundo periodo de gloria económica vivíuna durante a II Guerra Mundial, coa apertura e explotación dunha mina de wolframio.
Datos da estación

A estación Muralla está a 42,75º de latitude e -8,78º de lonxitude e a unha altitude de 661 metros. Está en LOUSAME, A Coruña. Foi dada de alta o 1 de xaneiro de 2001.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
Localización

Estatísticas da estación · MurallaAltitude: 661 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 8ª | 9 de novembro 2025 | 10,93 | 8,94 | 17,7 | 64,2 | Julio | En solitario |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 8ª | 17 de novembro 2024 | 20,3 | 13 | 0 | 25,5 | Michi | En solitario |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 8ª | 12 de novembro 2023 | 15,3 | 12,5 | 25,4 | 78,4 | verducido | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 8ª | 14 de novembro 2021 | 15,1 | 6,5 | 0 | 51,1 | beocha, modesto | Compartida |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 8ª | 17 de novembro 2019 | 8,3 | 5,1 | 12,5 | 50,4 | Punteiro | En solitario |
← Xornada anteriorAo calendarioClasificaciónSeguinte xornada →