VentosaNAVIA DE SUARNA, Lugo
Ventosa
Entorno
Ventosa fai a 13ª xornada da XIII Liga da Inverneira de Galicia. Esperamos non sexas supersticioso con isto dos números. Ainda que está no concello de Navia de Suarna, na montaña lucense e a pesar do su nome, non acostuma a dar rexistros de vento desorbitados. Pero para nós, que xogamos por sétimo ano, quizáis non sexa moita información e o que lle puxo o nome tiña razón.
Ventosa está no concello de Navia de Suarna, nos límites de Galicia coa provincia de León cara o leste e co Principado de Asturias ao norte. Ainda que o río Navia é o principal, existen moitos outros que forman fermosos bosques e vales, coma toda a comarca de Os Ancares, o que pertence. Merece a pena facer algunha das rutas dispoñibles, que son moitas. As mellores épocas do ano para percorrelas son a primaveira e o outono.
O Castelo de Altamira en Navia de Suarna gardaba e controlaba o paso pola Ponte Vella, ponte medieval de orixe romana sobre o río Navia. Existe constancia do Castelo dende o século XI. Foi destruido nas Revoltas Irmandiñas e reconstruido, pasando por varias mans. Un dos últimos inquilinos, o crego Manuel López Ernesto, fixo vivendas e rematouno con bloques de cemento e ladrillos. O resultado, na foto.
Datos da estación

A estación Ventosa está a 42,96º de latitude e -6,92º de lonxitude e a unha altitude de 910 metros. Está en NAVIA DE SUARNA, Lugo. Foi dada de alta o 22 de novembro de 2007.
Sensores
- Termómetro
- Higrómetro
- Barómetro
- Pluviómetro
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro (radiación solar)
- Termómetro do solo
Localización

Estatísticas da estación · VentosaAltitude: 910 m
| Temporada | Liga | xornada | Data | T. máx. | T. mín. | Lluvia | Racha | Gañadores | Vitoria |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025-26 | XII Liga da Inverneira | 13ª | 14 de decembro 2025 | 12,47 | 3,89 | 0 | 20,3 | Julio, Kaltxon, Landrán | Compartida |
| 2024-25 | XI Liga da Inverneira | 13ª | 22 de decembro 2024 | 7,8 | 4,2 | 2,9 | 33,9 | botikas, Kaltxon | Compartida |
| 2023-24 | X Liga da Inverneira | 13ª | 17 de decembro 2023 | 15,8 | 4,4 | 0 | 14,6 | Magor | En solitario |
| 2021-22 | VIII Liga da Inverneira | 13ª | 19 de decembro 2021 | 10,9 | 3,4 | 0 | 29,7 | Sarabia | En solitario |
| 2019-20 | VI Liga da Inverneira de Galiza | 13ª | 22 de decembro 2019 | 9,2 | 4,7 | 14,5 | 105,6 | Oscar | En solitario |