eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Unha pouca de calmaSábado 22 de febreiro de 2020 · por fran · Ligas

VI Liga da Inverneira de Galiza22ª xornada · Punta Candieira

Semella que a 22ª xornada da VI Liga da Inverneira vai ser de transición. Rodeados como estamos de anticiclóns, a etapa do domingo ven sen auga e sen vento, e ademáis seica o sol vai ser o grande protagonista.

A maioría das apostas en temperatura máxima están entre os 13 e os 17º C., con punta de 20. As mínimas están estre os 5 e os 8º C., con unha punta en 12. Na pluviosidade non atopamos nen un solo litro e no refacho de vento as apostas van dende os 13 ata os 70 km./hora.

De tódolos xeitos, a estas alturas calqueira punto gañado ou perdido conta para o final, cada vez máis próximo. Con esta son 4 as etapas restantes e cada punto é necesario e podes botalo de menos cando remate. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires da madrugada do domingo.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

← Blogue