A etapa de Fontecada fixo honor á sua fama de chuviosa e converteuse nunha xornada para valentes. A chuvia comezou forte, xa de madrugada, o mesmo que o refacho que antes das 02:00 xa estaba por riba dos 70 km/h. A temperatura non se moveu ata o final do día.
Moitos foron os movimentos ó longo do día na clasificación xeral. Incluso o novato do ano estivo no liderato durante unhas horas. Co paso do tempo e a chuvia baixou ata o 4º posto, pero o derrame hídrico devolveuno ata a segunda plaza, moi achuchado polos persecutores. O resultado final deixa un líder moi adiantado e agardando o remate da Liga para recoller o 3º galardón consecutivo. Pero non cho imos poñer sinxelo..!!
O gañador en soidade fixo unha auténtica exhibición hídrica clavando os 45 litros caidos e supera con moito o segundo clasificado, sendo o único que traspasou a fronteira dos 50 puntos. Da calaña de apostantes que agardas o mellor en xornadas coma ésta.
Se queres indagar nos datos recollidos da 21ª xornada da VI Liga da Inverneira, en Fontecada, pica no botón de embaixo.
Resultados 21ª xornada en Fontecada