eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Un Olimpo na MariñaSábado 5 de outubro de 2019 · por fran · Ligas

VI Liga da Inverneira de Galiza1ª xornada · Corrubedo

A VI Liga da Inverneira chega á sua segunda xornada, un pequeno cumio na mariña lucense. Agardamos tempo inestable e posiblididade de precipitación febles. Xusto o que amosan as postas da etapa.

Apostas moi semellantes no canto das temperaturas, con máximas rondando os 20º. O tope, unha aposta de 26, e compricada nun lugar onde en agosto cóstalle chegar. As mínimas, entre 11 e 15º con un pico alto en 17 e o baixo en 7º C. O pico da pluviosidade chega ata 8 litros, pero a metade das apostas non agardan chuvia, e a outra metade non pasa dos 3 litros. Os refachos de vento van dende 18 ata 58 km/h. e a maioría das apostas están no segmento de 30 a 50 km/h.

Polo tanto moita expectación ante apostas moi semellantes en varios parámetros. Podes seguir a xornada ao vivo o domingo dende eiquí.

Antes de amosar as apostas, duas novidades:

  • A Crónica-crítica de Corrubedo, por Iru, xa está dispoñible. Clica eiquí para acceder a ela.
  • Engadimos “Nubes en el Ojete”, canal de YouTube que amosa distintos tipos de nubes en Galicia. Suscríbete!!. Enlace na barra lateral (abaixo de todo nos móviles) ou entra dende eiquí.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

← Blogue