eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueX Torneo de Vran. West Bengal

O final que determina un inicio

Luns 29 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Chegou o final do X Torneo de Vran en West Bengal e xa temos os resultados definitivos da competición. Coronamos a un novo semideus para o que se abren as portas do Olimpo meteorolóxico amateur. Bar Pequeno deu coa chave do trunfo sobre todo baseado na súa predicción na pluviosidade. Gañou con consistencia, os 12…

Ler máis »

A derradeira parada

Sábado 27 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Jalpaiguri é parada e fonda para a derradeira xornada do Torneo de Vran en West Bengal. Eiquí decídese a asistencia e o lugar a ocupar na Ojete’s Cup 2024. Tamén o vencedor final xunto co podio. Preto da fronteira con Bangladesh teremos resposta a tódalas preguntas feitas no inicio da competición. E a chave está nas…

Ler máis »

Remexendo a xeral

Martes 23 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Rematou a etapa do té en Darjeeling, 4ª xornada e penúltima do Torneo de Vran con aceso direto á competición por eliminatorias de eltiempoentuojete, a Ojete’s Cup. As vacas sagradas da web de apostas meteorolóxicas deron un paso adiante para colocarse o mellor posible de cara á derradeira xornada, a desputar en…

Ler máis »

Subindo ata os 2000 metros

Sábado 20 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Penúltima etapa da xeira do Torneo de Vran en Bengala e desta vez ascendemos ata os cumios preto do Himalaya para visitar o berce dun dos tés máis famosos e distinguidos do mundo, Darjeeling, ao norte do estado de West Bengala e preto da fronteira co Nepal. Condicións de monzón a estas altitudes aseguran unha xornada…

Ler máis »

Monzón ausente

Martes 16 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Non tivemos chuvia nesta 3ª etapa do Torneo de Vran en Bengala desputada en Malda. Temperaturas altas tanto para as máximas como para as mínimas e un refacho de vento medio xunto coa carencia de auga volveron facer da etapa unha desfeita para moit@s e unha loita contínua para entrar no Top-16. A temperatura mínima…

Ler máis »

Buscando un posto

Sábado 13 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Malda é a localizsación suplente para a 3ª etapa do Torneo de Vran en West Bengal. @s participantes seguen a buscar un posto entre os 16 mellores que lle de acceso á Ojete’s Cup, mentres continúa a loita pola vitoria finalno torneo. As previsións dan chuvia miuda, ainda que as condicións cambiantes deste estado da…

Ler máis »

Grandes diferenzas

Martes 9 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

A xornada de Kalimpong deixóunos un gañador repetidor e unhas diferenzas na xerral que, nalgún caso, semellan insalvables. Por suposto, era de agardar, non choveu a gusto de tod@s, sendo a gran maioría os que quedaron sen puntos no parámetro de pluviosidade. Somentes catro xogadores superaron a barreira dos 50 puntos,…

Ler máis »

Incertidume pluviométrica

Sábado 6 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

A segunda etapa do Torneo de Vran en Bengala ten o aliciente de presentar a maior diferenza de apostas en chuvia de toda a historia. Semella que xogamos a cegas no norte do estado de West Bengal polo menos no que á auga recollida se refire. Pode volver tolear a clasificación xeral, ainda que máis de 20 puntos non se…

Ler máis »

Atención!! Troco!!

Martes 2 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Debido ó non funcionamento da estración datada para esta semana en Pundibari, no distrito de Cooch Behar, vémonos na obriga de trocar a estación. Para elo utilizaremos o destino da 3ª etapa, Kalimpong, no distrito do mesmo nome. Gardaremos a estación de Pundibari para a próxima semana, agardando que traballe como é…

Ler máis »

Deja vu

Luns 1 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Estou confundido ou semella o inicio da Liga de Primaveira no Adriático? Erro dos mellores na pluviosidade e o mesmo gañador. Seica non foi o comezo agardado por moit@s dos meteoludópatas, certo é que a maioría supoñía unha maior cantidade de auga nesta etapa inaugural do Torneo de Vran. Pero o monzón é antolladizo e…

Ler máis »

O sur de Bengala

Domingo 30 de xuño de 2024 · por fran · Ligas

Benvid@s meteoludópatas participantes nesta X edición do Torneo de Vran, a desputar en West Bengal, o estado máis oriental da India. Ante todo desculparnos polo retraso na publicación das apostas pero, como xa sabedes, os inicios nas competicións no extranxeiro non son doadas e cústanos un pouco adaptarnos a costumes…

Ler máis »

Máis vellos →