Espectacular xornada final a desputada este domindo en Orlando, para poñer remate a unha das Ligas máis desputadas das xogadas en eltiempoentuojete. Moit@s eran os candidatos nesta etapa que viña co sambenito xa repetido de trebóns e chuvasquería, case sempre insignificantes. Pero agardábanos unha sorpresa en forma de chuvia e vento en abundancia.
Durante o inicio da xornada fóise acumulando a temperatura ata chegar no mediodía a 34º C. Nese momento comezou a formarse unha boina treboenta que deixaba tronadas e Trazas de chuvia, pero que non foron suficientes para mover o pluviómetro. Non foi ata pouco antes das 18:00 h. que comezou a soplar o vento e a chuvia facía a súa aparición a cachón. En 5 minutos o medidor acadaba os 5 litros. Cara as 18:30 subía a marca a 9 litros e pico e a clasificación xeral daba un capitón case definitivo. Neses momentos de chuvia intensa o vento rexistrou refachos de 54 km/h. Ademáis, engadíronse 0.3 litros, que deixaba o reconto final de chuvia redondeado á alza en 10 litros. Esta perturbación tamén fixo baixar a temperatura mínima ata os 24º C.
Orlando premiou a valentía case soicida dos apostantes con máis cantidade de auga. Ainda que o refacho foi un parámetro importante, o loureiro recollido polos mellores da etapa foi debido ás apostas máis húmidas. Botikas pasou agachado toda a competición, pero os grades nomes da meteoroloxía amateur sempre levan u recordo. 19 putos na temperatura, 19 na pluviosidade, e somentes unha perda de 3 puntos no vento, que non evitou a súa enésima vitoria, desta vez en soidade con 55 pts. Esa puntuación permítelle entrar o Top-10, directamente no posto 7. Un punto por tras, Sarabia acada máis que un podio de etapa. Aposta moi similar a Botikas, perdeu un punto máis no refacho, pero o mellor falarémolo despois. Rasta76, Balboa e Kaladrakas despiden a liga con 53 pts. Marius e Punteiro acadan os 52. Modesto, Compoñente Sur e Budainca pechan o Top-10 da etapa con 51 pts.
E como dicimos, a osadía ás veces ten recompensa. Dende o 6º posto saltou Sarabia ata a vitoria final na Liga. Tras o derrumbe de Breogán77, empatou a puntos con Xowi, pero a maior cantidade de vitorias abaneou o trunfo cara Sarabia. Porta aberta do Olimpo meteoamateur de eltiempoentuojete para unha das competidoras senlleiras da familia meteoludópata. Grande aplauso para a primeira vitoria nunha competición das grandes de eltiempoentuojete. Ata o ano que ven, a Primaveira xa ten dona. Noraboa!!
No podio acompañan Xowi, cunha liña moi seria e que somentes o desempate alonxou do trofeo das flores. A Breogán77 faltóulle a experiencia e quizais tamén sufríu do síndrome do “dedo frouxo“. aquel que fai que o teu dedo clique medidas baixas nos parámetros de xogo cando estás na vangarda da clasificación. Compoñente Sur perde unha posición con respecto á derradeira xornada, a que lle rouba Sarabia. 4ª posición cun xogo moi serio que permite albergar esperanza no futuro próximo. Nanuq fai 5º e Jose Lopez 6º, notando melloría dende fai un par de tempadas e semella queren ficar no Top-10. Van no bo camiño. Botikas logra o 7º lugar, acompañado a puntos por Rasta76 e Modesto. Pouco premio para todos eles. Iago pecha o Top-10. Podía ser mellor, pero facía tempo que non o atopábamos nestas posicións adiantadas. Parabéns para toda a tropa.
Para acadar toda a información relativa á etapa final da VIII Liga de Primaveira, en Orlando, preme no botón abaixo exposto.
Resultados en Orlando, etapa final da VIII Liga de Primaveira
Na OjeteQuake, labazada sísmica para todol@s competidores, que obviaron o continente americano e foi precisamente alí, no centro do continente onde se xestou a traxedia para o sismoludópatas. O maior sismo do día producíuse preto de Nueva Concepción, en Guatemala, cunha intensidade media, 5,4 Mg. O máis preto do epicentro sí estaba en continente americano, pero en Alaska, lonxe de Guatemala. Así, Verducido acada a vitoria case de rebote, sen poder superar os 400 puntos e deixando a clasificación xeral con poucos trocos e moita incertidumbre. O liderato segue en poder de Víbora, con Breogán77 e Jose Lopez continuando a ocupar o podio.
Se queres investigar sobre o acaecido na 10ª xornada da OjeteQuake 2021, fai clic no enlace embaixo estas liñas.
Resultados da 10ª etapa da OjeteQuake 2021
Esta semana daremos todos os datos do VIII Torneo de Vran, con calificación para a Ojete’s Cup. De momento xa podemos adiantar que o Vran pasarémolo en Alaska, tamén territorio americano, ainda que menos “sudista”. En breve, toda a información necesaria. Continuade atent@s!!!