A xornada de Cabeza de Manzaneda volve a estar marcada polo erro na sua estación. De novo, un ano máis, o anemómetro estrágase cando a tribu de eltiempoentuojete pon en valor o clima do cumio de Galicia. Comezamos a pensar en unha xornada sustituta, por moito mito que sexa C. de Manzaneda. Debemos negociar con Meteogalicia…
Polo que respecta ós parámetros validados, a temperatura máxima non acadou máis alá dos 0º C., xa no mediodía. Tamén foi o momento no que as folerpas caían do ceo, marcando o pluviómetro case un litro de precipitación cando xa ninguén contaba con ela. A tardiña fixo cair as temperaturas de forma agresiva, chegando a rexistrar -6.8º C. cara as 22:00 horas.
Desta maneira temos 3 vencedores ó unísono, con 39 puntos sobre os 40 en liza. Dous deles inauguran o seu marcador nesta tempada, coa necesidade que teñen de vitoria os que ocupan o Top-10 da xeral. A outra heroína acada a sua segunda vitoria e circula pola parte media da clasificación xeral.
Na zona alta, o líder continúa abrindo burato cos persecutores, un pouco máis apertad@s. Por tras, poucos movimentos, pero con vari@s contendentes por baixo dos 30 puntos, algún pequeno movimento apreciamos.
Se queres coñecer tódolos datos da xornada 17, en Cabeza de Manzaneda, pica no botón embaixo exposto.
Resultados de Cabeza de Manzaneda, 17ª etapa da Liga da Inverneira