eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Terras de LemosLuns 16 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

VI Liga da Inverneira de Galiza12ª xornada · Marroxo

Nova xornada baixo a chuvia, desta vez en territorio monfortino e na que a xeral movéuse de acordo a variedade de apostas recibidas. A chuvia caeu durante todo o día, acadando os 27 litros recollidos. As temperaturas estiveron moi preto das prediccións, da mesma maneira que o refacho de vento, preto dos 50 km/h.

Nos resultados atopamos a primeira vitoria en terras de Lemos aque agora toma as rendas da clasificación xeral. Vitoria en soidade que lle permite tomar o primeiro posto na histórica de vitorias. 56 puntos, gran resultado para unha xornada coma ésta e deixando a cabeza da xeral moi apertada cando estamos a piques de subir os cumios máis altos da comunidade.

Se queres indagar no sucedido na xornada do domingo, en Marroxo, preme no botón abaixo exposto.

Resultados da 12ª xornada. Marroxo

Saude e sorte!!!

← Blogue