Batalla librada ata o derradeiro minuto (e máis aló) na campa de Kitchener – Waterloo, sobre un terreo que se agardaba enchoupado, pero que non foi máis que un chifirís para non levantar o po que arrastraba o vento norte que en ocasións sopraba con forza. As temperaturas acadaron a máxima ás 09:00 horas da mañán con 17º C. e despois comezou a baixar, chegando ata os 6º C. no axuste do luns. Eses axuste tamén nos informou da cantidade de chuvia, con 0.4 litros que deixa a 0 este parámetro. O que sí notou aumento no histórico foi o vento, que medraba ata os 48 km/h.
Con estes datos coronamos a un gañador en soidade, profeta na sua terra, ó noso canadiano favorito, Xowi. 56 puntos con grande efectividade en tódolos parámetros. Perde un punto na temperatura, dous na auga e outro no refacho para consolidarse coma aspirante ao título na sua provincia de Ontario, navegando agora no Top-5 a 8 puntos da cacheira da xeral.
Con 54 puntos, un grupo formado por Modesto, Landrán, Rasta76, Breogán77, Mina e Lume. Somentes Mina circula no Top-10, o resto tenta trepar por mellorar unha posición ruinosa.
E con 53 puntos outro grupo numeroso co líder Botikas, Lukas e Marius no Top-10, mentras Víbora, Compoñente Sur, Iago, Nanuq e Aki establécense entre o posto 10 e o 20.
Para coñecer tódolos detalles do acontecido na 7º etapa da IX Liga de Primaveira en Ontario, pica no enlace embaixo este párrafo.
Resultados da 7ª etapa da Liga de Primaveira. Kitchener – Waterloo
A 7ª etapa da V Liga OjeteQuake tivo duas zonas claramente máis activas durante o domingo. Dos 5 maiores sismos, 3 corresponden á área de Xapón e os outros 2 á zona de Fiji. Dous destes 5 chegaron a superar os 6 Mg. de intensidade, ainda que o de Fiji chegou ata os 6,3 Mg., converténdose no maior fito acadado nesta edición da Liga dos Terremotos. E non moi lonxe, en Vanuatu agardaban agachados Nanuq e Beocha. Compartindo localización tivemos que fixarnos na Magnitude apostada para acadar un resultado favorable a Nanuq, con maior intensidade. Segunda vitoria nesta edición que o deixa ás portas do Top-10 sísmico. O retraso do líder Kaltxon non foi severa e mantén unha 4ª posición que lle permite seguir a soñar co título.
Se queres indagar un pouco máis nos resultados da 7ª etapa, preme no botón dispoñible baixo estas letras.
Resultados da 7ª xornada da OjeteQuake 2022