eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

O clima do norteLuns 24 de febreiro de 2020 · por fran · Ligas

VI Liga da Inverneira de Galiza22ª xornada · Punta Candieira

Mentras en Ourense acadaban este domingo os 26º C., o norte da comunidade quedaba baixo as nubes e costáballe chegar ata os 10º C. Os apostantes de eltiempoentuojete quedaron retratad@s na temperatura máxima, na que ninguén se puido achegar á marca de Punta Candieira. O vento tamén foi baixo para o lugar do xogo, o que fixo que un destacado levara unha etapa con pinta de múltiples vencedores.

Polo tanto, vencedor en soidade, cunha marca lonxe do resto do pelotón. O liderato non corre perigo e albíscanse pequenos movimentos na Clasificación xeral, moitos á conta dos “amigos do retraso”. Tres xornadas restan para o remate e calqueira puntiño é valorable.

Podes consultar tódolos resultados de P. Candieira e a sua repercusión xa xeral picando no botón embaixo exposto.

Resultados da 22ª xornada. Punta Candieira

Saude e sorte!!!

← Blogue