Ante todo, desculpas polo retraso da publicación dos datos, ainda que nesta ocasión foi a axencia meteorolóxica BOM a que tardou en publicar os datos definitivos en Yamba.
Tivemos de novo unha xornada marcada pola tranquilidade ambiental, sen chuvia, con pouco vento e temperaturas dentro do agardado. O resultado final volveu trocar os resultados horarios oficiosos. Isto reforza a maldición que porta o vencedor nestos resultados oficiosos. Nesta ocasión a temperatura máxima elevóuse un grado e o vento 2 kilómetros. Os datos finais amosan unha gañadora en soidade a somentes 2 kms./h. do pleno.
Compre comunicar a tod@s @s que apostan con eltiempoentuojete pola calidade das prediccións. Despóis de catro xornadas a puntuación media dos 18 primeiros é igual ou superior os 55 puntos. Os primeiros 27 superan a “corentena”. Noraboa por iso!!!
Se queres examinar os datos recabados na 4ª xornada da VII Liga de Primaveira, pica no botón embaixo exposto.
Resultados da 4ª xornada. Yamba Pilot
De novo agardamos que tod@s os manteñades sans, ou cando menos, sen máis problemas que os danos colaterais da epidemia.