eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Crónica e resumo do outonoMércores 15 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

VI Liga da Inverneira de Galiza16ª xornada · Ancares

Saudos, meteoludópatas.

Temos duas novidades no día de hoxe. Por unha parte xa contamos coa Crítica-crónica da pasada xornada de Ancares. Realizada por Xowi, podes atopala clicando na foto inferior..

Por outra banda presentamos algunhas estadísticas do outono no artigo “Galicia recupera o outono en 2019”, coa comparativa con anos anteriores feita en base a estadísticas de Meteogalicia, por Verducido. Para acceder, preme na foto de embaixo.

Continuamos pendentes do estado da estación da xornada en curso, con erros no funcionamento da anemómetro. Estade atentos a calqueira aviso por troco ou outras decisións.

Saude e sorte!!!

← Blogue