eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Chuvia tardíaMartes 5 de maio de 2026 · por fran · Ligas

XII Primaveira 20263ª xornada · Ashimine

Ashimine foi o destino desta 3ª etapa da XII Liga de Primaveira en Okinawa. Agardábase chuvia, pero o día mantívose seco. Somentes comezou a chover unha vez finalizada a xornada, cara as 02:00 horas e foi intensa. Libres dese parámetro, as temperaturas e o refacho decidiron o resultado final.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada e foi alta, con 22º C. A máxima subiría ata os 28º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e o final non se contabilizou nada. O vento marcou un refacho máximo de 42 km/h., na media do que apostaba a maioría da xeral.

O refacho foi decisivo para escoller o gañador final. O derradeiro troco foi preto da medianoite nipona e fixo que o liderato da xornada e con el o trunfo pasarana mans de Bar Pequeno con 57 puntos. Gran vitoria en soidade para un dos que optaron pola chuvia miúda. Case perfecto en tódolos parámetros, perdendo apenas 1 punto en cada un deles. Pasa do posto 16º ata o 7º (por vitorias gaña o desempate) e volve demostrar que o seu son as competicións de primaveira e vran, onde supera con creces o desenvolvemento da inverneira. Coidadiño con Bar Pequeno no extranxeiro.

Ata 5 xogadores firmaron 56 puntos en Ashimine. Denodeno foi o perxudicado pola modificación de última hora no refacho ainda que trepa 4 postos na xeral para situarse 17º. Enrico Ferni tamén ascende ata entrar no Top-10 revalorizando o seu desempeño nas primeiras etapas.. Kaltxon chega ata o 6º posto sinalando a primeira etapa coma un erro de acondicionamento. Botikas sitúase xusto por diante, na 5ª praza, xa preto das cacheiras da xeral. Beocha fáise co liderato por desempate con Magor e mantén as posibilidades intactas de acadar a vitoria final.

Con 55 puntos, Marius vai esquecendo o mal inicio de liga ata colocarse preto do Top-10, no lugar 13º. Magor e Verducido mantéñense no Top-3 en prazas de podio con diferenzas mínimas entre eles e tamén cos perseguidores pòlo que manter o nivel é unha grande responsabilidade.

Estas foron as 9 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Ashimine. Para acadar tódolos datos recollidos na 3ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

Resultados en Ashimine 2026

Saúde e sorte!!

← Blogue