eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Pechando o círculoLuns 8 de xuño de 2020 · por fran · Ligas

VII Liga de Primaveira. New South Wales10ª xornada · Perisher Valley

A derradeira xornada da VII Liga de Primaveira en New South Wales demostrou que faiamos na busca de auga cando escollimos a localización. Primeira vez que agotamos unha competición sen recibir precipitación algunha. Isto fixo que as puntuacións foran moi parellas e que incluso tiveramos que desempatar pola vía da calidade das vitorias.

O gañador en soidade foi o novato de primaveira, que remata moi forte eno desempate acada a 4ª posición final. Foi no desconto, cando subiu a temperatura a 6º C., o momento de desbancar a duas vacas sagradas, na vitoria e na clasificación xeral. Podemos ter ante nós unha nova promesa meteoludópata. Noraboa.

A xeral da Liga vai para o noso cacique particular. Cuarta competición consecutiva na sua conta, coa que pecha o círculo e unifica tódolas competicións anuais de eltiempoentuojete na versión meteorolóxica. Duas Ligas en Galicia, outras duas no vran, México e Taiwán e unha Ojete´s Cup en Guyana. Con ésta, 6 vitorias en competicións variadas. Ademáis, ten a oportunidade de gañar todo canto se xogue, con duas de duas nesta tempada. Pode deixar o listón infranqueable durante anos. Así se fai historia. Noraboa unha vez máis.

O soño de Jose Lopez quedou a un so punto de verse cumprido. Varias xornadas como líder poden facer pensar nunha consistente mellora, pero a consistencia non é a mellor das suas virtudes. Ainda así, e un xogador a vixiar. Para Beocha, 3ª na xeral é o seu terceiro podio consecutivo en Primaveira, cuarto en total. Acumula 7 podios en competición e vai sendo hora de subir un peldaño máis.

Por tras, Punteiro segue sen demostrar a calidade que seica atesoura. Superado por Marius na derradeira xornada, acumula vitorias parciais sen meter medo ós de sempre. O mesmo caso de Lume, que acada o 7º posto tras Verducido, que buscaba a 3ª vitoria e tentará no vran, coma Botikas, gañar en tódalas competicións. Xowi sube do 10º ao 9º posto, mentras Aki e Nanuq chegan ó Top-10, desbancando a Lukas, por retrasado, e a Breogán77 por faios graves nas temperaturas.

Ó longo da semana amosaremos estadísticas da Primaveira en New South Wales e desgranaremos a próxima edición do VII Torneo de Vran e a III OjeteQuake World Globe, a nosa Liga dos Terremotos.

Se queres acceder ós datos recabados na derradeira xornada da Liga de Primaveira, pica no botón abaixo exposto.

10ª xornada da Liga de Primaveira, Perisher Valley

Saudos!!! Falamos en breve…

← Blogue