eltiempoentuojete da conta de varias novidades que presentamos sen máis dilación:
Xa temos publicadas as Críticas-crónicas correspondentes ás derradeiras 4 xornadas da Liga da Inverneira. Víbora, campión tratando de remontas fíxose cargo da sua elaboración. Eiquí tedes os accesos a cadansúa crítica de xornada.
Crítica de Ponte Caldelas. 5ª xornada da Liga da Inverneira. Por Víbora
Crítica de Serra Faladoira. 6ª xornada da Liga da Inverneira. Por Víbora
Crítica de Cequeliños. 7ª xornada da Liga da Inverneira. Por Víbora
Crítica de Muralla. 8ª xornada da Liga da Inverneira. Por Víbora
Na sección Botikas.org promovemos unha petición de Beocha para apoiar a FOGARCAN, promotores da Canceira de Poio. Os políticos deixarán de subvencionar a esta asociación e propoñen adherirse á recollida de animais da Deputación de Pontevedra, moi conxestionada polos 48 concelos ós que atende. No enlace (foto do chuqueliño) podes atopar a explicación completa e os centros colaboradores. Somentes tes que firmar.
Axuda a FOGARCAN
E como colofón inauguramos unha nova sección. E a de Estadísticas. Naceu fai pouco e ainda está un pouco baleira, pero iremos engadindo novos datos, á vez que se actualizan os anteriores. Axúdanos e pide algún dato que te pareza curioso, ou algunha estadística que te gostaría coñecer. Faino no correo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com
Nova páxina de estadísticas
Agardando que desfrutedes das actualizacións presentadas, quedades invitados á visita virtual que facemos esta semana a Lira, no concello de Carnota, para a celebración da 9ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete.