Dende eltiempoentuojete emprazámoste a un novo reto meteorolóxico. Desta vez será no exilio, como cada primaveira, buscando a chuvia e os climas húmidos. E desta vez escollemos un destino que poderíamos adxetivar de polémico. eltiempoentuojete visita por primeira vez ó “gardián do mundo libre”, o país con máis triglicéridos da paisaxe mundial: os Estados Unidos de América.
10 xornadas temos preparadas para a desputa da VIII Liga de Primaveira. Están encadradas en Alabama, Luisiana, Mississippi e Florida, os estados do Golfo (agás Texas). Visitaremos algunha das cidades con pasado colonialista francés, incluida New Orleans. Faremos parada e fonda na localidade natal de Elvis Presley, Tupelo. Tamén escolas militares de rancio abolengo coma Fort Lauderdale ou mitos das vacacións organizadas coma West Palm Beach ou a sede do Walt Disney World Resort, en Orlando. Semella que imos xogar entre o tempo dos tornados e o inicio da tempada de furacáns, pero os periodos nunca son estables cando falamos do clima. O que fai estilo común nas etapas da Liga do Sur dos USA son as zonas pantanosas, a música “dixie”, o gusto polas armas de fogo e o cariz republicano das políticas locais. O inicio da competición está datado para o domingo 11 de abril, con apostas no venres 9 de abril. A normativa será a mesma que rixe ás competicións en formato liga. Podes consultar a presentación da Liga, xunto co Calendario de Competición e o Regulamento meteorolóxico.
Presentación da VIII Liga de Primaveira. O Sur, USA
Pero ainda temos máis novidades para esta primaveira. A convocatoria anual coa nosa competición sísmica, a OjeteQuake, volta na súa 4ª edición a nivel mundial. O comezo da competición coincide co inicio da Liga de Primaveira e o seu remate será na derradeira cita da Ojete’s Cup, aló no inicio do mes de Septembro. Serán un total de 22 xornadas, a edición máis longa das desputadas. Podes atopar unha exposición máis precisa no enlace seguinte.
4ª OjeteQuake World Globe (2021)
Se alguén advirte algunha falta de información, enlaces baleiros ou calqueira tipo de errata, rogamos a comuniquedes no noso correo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com
Tamén podedes utilizalo para solventar calqueira tipo de dúbida sobre a competición, o regulamento ou comentarios de mellora na execución da páxina web.
En breve iremos engadindo ás novas actualizacións en menús e enlaces coas páxinas correspondentes. O necesario para a desputa das competicións de primaveira.