eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueXI Liga de Primaveira. Perú

Final agardado

Martes 17 de xuño de 2025 · por fran · Ligas

Derradeira xornada da XI Liga de Primaveira en Perú, desputada nos cumios andinos de Upina, que deixa a clasificación con poucos trocos. Típica etapa en altitude con temperaturas baixas, chuvia inexistente e vento frouxo que deixou altas puntuacións e un gañador que inscribe o seu nome por primeira vez nesta…

Ler máis »

Desfacendo a entortadura

Domingo 15 de xuño de 2025 · por fran · Ligas

Xornada final da XI Liga de Primaveira en Perú e todo semella indicar que quedará o título entre os 3 primeiros clasificados. Upina, a máis de 3800 metros de altitude será o campo de batalla que vai escoller o campión desta edición da primaveira en eltiempoentuojete, As apostas en temperatura máxima están moi pechadas…

Ler máis »

Mudanza na xeral

Martes 10 de xuño de 2025 · por fran · Ligas

A penúltima etapa da XI Liga de Primaveira en Perú déulle a volta á clasificación xeral. O contraste das apostas en auga, xunto a unha inesperada xornada seca, revolucionou de tal forma a orde a distribución das posicións que vai ser imposible (ou case) para @s dagnificad@s recuperar unha xerarquía que quedou nas mans…

Ler máis »

Penúltima xornada

Domingo 8 de xuño de 2025 · por fran · Ligas

Dúas etapas restan para o remate da competición de primaveira e Güeppí é a que toca nesta semana. Lugar selvático onde pode non chover tanto coma cair 27 litros nunha hora como foi este xoves. A compricación da predicción pode apreciarse nas apostas, sobre todonas de chuvia. As apostas en temperatura máxima están moi…

Ler máis »

Estreita xeral

Luns 2 de xuño de 2025 · por fran · Ligas

Despóis de recibir os resultados da 7ª etapa da XI Liga de Primaveira podemos dicir que a xeral está máis axustada que nunca, con múltiples aspirantes nun escaso marxe de puntuación. Semella que a resolución desta competición vai quedar para a derradeira xornada e que se vai decidir por diferenzas mínimas. Pero ata…

Ler máis »

Outra de selva

Sábado 31 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Antepenúltima xornada da XI Liga da Inverneira en Perú, desta vez na chaira amazónica, en Puerto Bermúdez, en Oxapampa. As diferenzas seguen a ser mínimas, polo que calqueira despiste pode ser funesto. Semella que pode ser unha xornada compricada pola posible presenza de tormenta, no que nesta zona do país pode…

Ler máis »

Lección de xeografía

Martes 27 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Esta semana os resultados amosaron as diferenzas entre aqueles que atoparon o lugar, ou que o buscaron ben, e os que xogaron por riba ou por baixo da cota da estación. Temperaturas moi baixas reflectiron aposta no cumio da montaña, mentres que as moi altas semella que apostaron polo val, 1500 metros por baixo.…

Ler máis »

O comezo do final

Sábado 24 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Huaytapallana representa a 6ª xornada da XI Liga de Primaveira no Perú. 1ª das 4 derradeiras xornadas que definirán un campión e as posicións xerais de tódol@s competidores. Situámonos de novo por riba dos 4600 metros de altitude para a desputa dunha xornada que, coma as restantes, vai ter moita importancia no…

Ler máis »

Cocido no Amazonas

Martes 20 de maio de 2025 · por fran · Ligas

5ª xornada da XI Liga de Primaveira que voltou desputarse na selva amazónica, nesta ocasión en El Porvenir, San Martín. Coñecemos de sobra as temperaturas deste tipo de clima, pero desta vez superou tñodalas expectativas dos contendentes de eltiempoentuojete. Sen precipitación e un vento frouxo, foi unha etapa…

Ler máis »

O ecuador do trópico

Domingo 18 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Despútase esta fin de semana a 5ª etapa da XI Liga de Primaveira no Perú, o que significa que é a xornada que divide a competición tropical en dúas metades e xa poderemos ver quén está en disposición de obter a vitoria e quén xa non ten tantas oportunidades. Ou quizáis non, de acordo ó apertado da clasificación xeral.…

Ler máis »

Máis vellos →