eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueXI Liga de Primaveira. Perú

Pichari selvático

Martes 13 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Primeiro contacto coa selva amazónica peruana en Pichari, xa con altas temperaturas e vento máis que frouxo. A chuvia non foi o agardado pola maioría, nin o vento. Somentes as temperaturas andiveron no acordado polas apostas, ainda que 18 puntos sobre os 20 posibles foi o máximo acadado por unha minoría de apostantes.…

Ler máis »

Contacto coa selva

Sábado 10 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Pichari é a 4ª etapa da Liga de Primaveira no Perú e significa o primeiro contacto selvático despois de tres xornadas no altiplano andino. As temperaturas serán máis altas e as probabilidades de chuvia maiores, mentras a intensidade do vento descenderá. Poderemos ver cómo estos trocos inflúen na clasificación xeral e…

Ler máis »

O fin das etapas andinas

Martes 6 de maio de 2025 · por fran · Ligas

Casaccancha foi a derradeira das etapas a xogar en altitudes de máis de 4000 metros. Os resultados poñen a xeral nun pano, con diferenzas insignificantes despois de tres xornadas. Quizais o descenso á selva amazónica poida abrir ocos entre competidores. A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 4º C., un valor…

Ler máis »

Mantendo a altitude

Sábado 3 de maio de 2025 · por fran · Ligas

3ª xornada da XI Liga de Primaveira no Perú e nova xornada a 4000 metros de altitude. Desta vez no departamento de Apurimac, nunha nova zona de lagóas glaciais na Cordilleira andina. Despois do apagón lumínico informativo deste comezo de semana, agardamos non ter problemas ainda despois de ter trocado a estación por…

Ler máis »

Troco na 3ª etapa

Mércores 30 de abril de 2025 · por fran · Ligas

A localización da 3ª etapa tivo que ser trocada pola falta de datos de vento da orixinal, Huancullo. Pasa a ser oficial a de Casaccancha (nome da estación), na localidade de Ccasacancha. Os trocos están xa arranxados no Calendario máis na xornada actual. De atopares algún erro, pregámosvos que o comuniquedes no noso…

Ler máis »

Naturalmente empantanados

Sábado 26 de abril de 2025 · por fran · Ligas

Nova xornada da Liga de Primaveira en Perú e seguimos a máis de 4000 metros de altitude e de novo nunha lagoa, desta vez na de Vilacota, por iso o de pantano natural. As temperaturas semella que poden batir records despois dunha madrugada de venres cunha mínima de -10º C. Seica a chuvia vai ser pouca ou nula, de…

Ler máis »

Nos dominios do cóndor

Martes 22 de abril de 2025 · por fran · Ligas

Etapa inaugural na Lagoa de Sibinacocha e primeira labazada hídrica neste glaciar andino. Na madrugada caeu pouco máis de medio litro que semellaba que a gran maioría dos apostantes que escolleron 1 litro coma opción non andaban errados. Na seguiente hora rexistráronse 6.5 litros, augurando que seica a aposta soicida…

Ler máis »

Cacheira ben alta

Sábado 19 de abril de 2025 · por fran · Ligas

Iniciamos unha nova aventura meteorolóxica, desta vez no continente sudamericano. 26 xogadores presentados no venres disputarán a 1ª etapa, a 4880 metros de altitude, na coerdilleira andina, na Lagoa de Sibinacocha. A primeira tanda de xornadas vanse disputar a grande altitude, nos Andes, antes de baixar ata a…

Ler máis »

Inicio da XI Liga de Primaveira en Perú

Mércores 16 de abril de 2025 · por fran · Ligas

Damos conta do aviso de invitación á que é a XI edición da Liga de Primaveira para este 2025. Localizada en Perú, xogaremos durante 9 xornadas no país andino, percorrendo a Cordilleira dos Andes e a selva amazónica. Pedimos perdón polo retraso tanto na preparación coma na presentación. Ademáis, ainda non temos tódalas…

Ler máis »

Emocións ata o derradeiro folgo

Xoves 3 de abril de 2025 · por fran · Ligas

A XI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo marcada pola intriga que se mantivo ata a etapa final en case tódalas zonas da clasificación xeral. Non houbo descanso nin tregua para a maioría de competidores nas 26 xornadas que compoñían o desafío. As batallas foron contínuas por mellorar unhas posicións que a…

Ler máis »

← Máis novos