eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

O final do camiñoDomingo 6 de setembro de 2020 · por fran · Ojete's Cup

eltiempoentuojete chega ó remate da tempada 2019/2020, a 7ª na sua historia e xa prepara a próxima edición da competición máxima de meteoroloxía amateur,

Pero antes temos que agradecer a tod@ aquel que participou de calqueira maneira concebible no desenrolo desta tempada de competicións meteorolóxica e sísmica.

Grazas a tódal@s participantes nas diferentes ligas , torneos e modalidades. Vós sodes os que facedes que ano tras ano renovemos ós nosos votos coa predicción meteorolóxica e sísmica amateur. E tamén a quen participou en calqueira momento da historia desta web, tanto coma xogador/a coma contribuinte en forma de táboas excel, localización, aporte de fotos, monografías, etc. “Sen vós non somos nadia…”

Os resultados deixan coma líder a Botikas, que apañou os tres primeiros torneos da tempada, Galicia, Australia e Perú. O derradeiro torneo, a Ojete’s Cup en Belice, levouno Breogán77, que inaugura o seu marcador coma gañador de torneos. Os novatos Julio e Marius ameazan con estar nos postos altos na nova competición, despóis dunha tempada primixenia para soñar con derrocar ó cacique actual.

Na OjeteQuake, a nosa liga dos terremotos a nivel mundial, Lukas revalida a vitoria acadada no 2018 e segue a comandar o Olimpo Sísmico amateur de eltiempoentuojete. Agardamos o regreso de Balboa, o outro baluarte da competición, pero os novatos tamén apertan tratando de ocupar algún dos postos de privilexio.

A nova tempada ainda está por preparar, pero adiantamos que serán as mesmas competicións nos mesmos periodos de tempo. Comezaremos coa Liga máis prestixiosa, a Liga da Inverneira de Galicia, cun mínimo de 25 etapas, dende finais de setembro ata mediados de marzal. A Liga de Primaveira, o Torneo de Vran e a Ojete’s Cup ainda están sen destino pero a sua celebración está (case) fora de dúbidas.

O inicio da VII Liga da Inverneira está previsto para o 27 de setembro, e como non pode ser doutra maneira, será a estación de Corrubedo, en Ribeira (este ano con B). O resto do calendario está por confirmar ainda que agardamos repetir a maioría das xornadas dos derradeiros anos. Traballaremos durante esta semana para ter preparados tódolos detalles relativos á primeira competición da tempada. Ó tempo pedímoslle borrascas profundas, pero sen danos persoais nin económicos, que permitan un xogo húmido e que as cunetas reborden de malas herbas, campos enchoupados que aseguren a fertilidade. E poalla da que non molla, senón empapa e néboas a ras de chan. Do mar pedimos vento suroeste, morno e con aroma do sal de américa. No interior queremos inversión térmica, neves dende o sur e vento nordés para as xiadas que eliminan o innecesario da terra. Pero nós somentes podemos desexar… As sorpresas son cousas do clima. E o clima é incontrolable. Ou non?.

Namentras agradamos o día da inauguración podedes consultar algunha estadísticas que nos deixou a Ojete’s Cup 2020 en Belice. Están baseadas nos datos de cada xogador, con independencia da sua posición final ou penalizacións. Igual levas unha sorpresa…

Datos estadísticos da Ojete’s Cup 2020 en Belice

Pechando a tempada, un novo consello que axudará a mellorar o mundo no que vivimos. Tes un enlace embaixo e se queres ver máis accións coma esta, entra no Menú de Contido Seleccionado e pica en Botikas.org. Pode que o agradezas…

La Cultura: Bien Esencial y de Primera Necesidad

Nas próximas datas imos engadir o novo contido cara a VII Liga da Inverneira.Continúa atento a esta web. Ademáis, se eres VIP chegará o teu mail unha invitación persoal cara a nova tempada 2020/2021.

Despedimos a tempada, non sen antes subraiar os agradecementos anteriores e a tua fidelidade e compromiso coa investigación amateur lúdica, o auténtico leitmotiv que nos move a semellantes trapalladas.

Saúde e sorte!!!

← Blogue