Esta 2ª xornada da Liga da Inverneira fondea na provincia de Lugo, pero na banda da costa. Alí atopamos un penedo sobre Viveiro, de altitude considerable onde Meteogalicia instalou unha estación meteorolóxica. É das máis activas en vento a nivel do país e das máis chuviosas na provincia. Ademáis semella que esta fin de semana trae chuvia polo que poderemos comprobalo de primeira man no Penedo do Galo.
As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 15 ata os 21º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 10 e os 18º C., tamén con bastante oscilación A precipitación é un parámetro aberto, con apostas dende 0 ata 17 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 19 ata os 67 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas grandes diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.