eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Un inverno atípicoLuns 30 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

VI Liga da Inverneira de Galiza14ª xornada · Serra do Eixe

A 14ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo marcada polas altas temperaturas acadadas na estación de Serra do Eixo, en A Veiga.

O domingo foi un día primaveral en A Veiga, con temperaturas máximas pouco coñecidas nesta zona e nesta época do ano. Pero ademáis as mínimas non baixaron dos 9º C., a pesares da carencia de precipitacións e do baixo refacho de vento, que auguraba unhas xiadas que non se produciron.

O gañador en soidade leva unha traxectoria irregular. Cando non gaña é por retrasos na entrega das apostas. Sen penalizacións ocuparía postos no Top-10.

Por tras do vencedor, unha recua de xente que agarda entrar no Top-10, e que reducen as distancias cos de enriba. A xeral volta a estar moi apertada e sen buratos insalvables. A montaña está a rexuntar ó pelotón de novo, dando lugar a loitas por posición que antes semellaban perdidas. De novo sorprende o novato do ano, nesta xornada no Top-3 da Clasificación xeral.

  • Apunte: Esta xornada o formulario non achegou as apostas de dous membros de eltiempoentuojete. Son os que non aparecen no horario de apostas. Pero afortunadamente os dous tiñan o resgardo que fai o formulario. Os dous en tempo. É a primeira vez que acontece, pero distingue a importancia de pedir un resgardo ó compretar o formulario. Por iso non aparecen no horario pero si na távoa final. Recomendamos pedir o resgardo ante casos coma éste.

Se queres indagar no acontecido na 14ª xornada da Liga da Inverneira, na Serra do Eixo, preme no botón abaixo exposto.

Resultados da 14ª etapa da Liga da Inverneira. Serra do Eixo

Saudos e sorte!!!

← Blogue