eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Nocturnidade e aleivosíaMartes 30 de setembro de 2025 · por fran · Ligas

XII Liga da Inverneira2ª xornada · Penedo do Galo

Da mesma forma que en Corrubedo, ata as 10 da noite do domingo, semellaba que eramos uns virtuos@s da predicción meteorolóxica. Pero non foi así. O resultado no Penedo do Galo foi a suma do acontecido na escuridade e con aleivosía. Os datos de temperatura máxima e mínima semellaban inamovibles dende a madrugada. O mesmo sucedía coa chuvia e o refacho. Este último foi, xunto á temperatura máxima o que non se remexeu en todo o día. Amenceu e os datos non mudaban. Semellaba definitivo o resultado final. Pero ahí foi onde resucitou Gabrielle, esa borrasca descartada polas axencias e que deu un novo rumbo á etapa. Baixou a temperatura, ainda que somentes un grado. Pero a chuvia apareceu e batéunos nos dentes para despertares do noso soño con 10 litros que ninguén agardaba.

A temperatura mínima acadou na noitiña os 12º C. Na madrugada acadárase a máxima diaria con 14º C. Amplitude térmica baixísima. A presencia da chuvia activóuse nas derradeiras horas deixando 10 litrazos. O vento marcou un refacho máximo de consideración tamén na madrugada de 53 km/h.

Pero o resultado final ven sendo repetitivo. Con 48 puntos, Botikas levou a vitoria en soidade e semella que nesta edición non quere sorpresas coma na pasada. Perdeu 3 puntos nas temperaturas, 9 na chuvia e mallou o refacho para acadar o seu segundo trunfo nas 2 xornadas desputadas. Por suposto, lidera a xeral. O dito, non quere sorpresas.

Un punto por baixo, con 47puntos , Verducido e Kaltxon, coa mesma puntuación en temperatura, pero con un punto máis para Kaltxon na pluviosidade, que contrarrestou Verducido mallando o refacho. Ocupan posición xusto detrás de Botikas e tamén semellan moi metidos na competición.

46 puntos para M.B.Joaquín, Beocha e Marius. Con puntuacións moi estables en tódolos parámetros, agás M.B.Joaquín, con grave perda na máxima recuperada coa maior aposta de chuvia dos participantes. O mellor inicio da súa carreira, no Top-10 a 4 puntos do liderato. Beocha comparte a 3ª praza con Kaltxon, a 3 puntos do líder e Marius está no grupo coa 4ª mellor puntuación. Moi activos neste inicio de Liga.

Sumando 45 puntos atopamos a Modesto, Landrán e Julio. Os dous primeiros no Top-10 e Julio que tamén estaría na lea se non fose pola penalización do primeiro día. De seguro que non tardará en acceder ó grupo dos mellores, ainda que a cacheira da xeral semella cara este ano.

Na xeral, a diferencia entre o líder e o 9º posto é mínima, de 6 puntos, que poderían ser menos de non pinchar, entre comillas, Xowi, vencedor compartido en Corrubedo. Pero o Top-10 está cheo de grandes figuras e aspirantes, con Modesto e M.B.Joaquín coma estrelados invitados na busca de asombrar ás vacas sagradas da competición.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Penedo do Galo. Para acadar tódolos datos recollidos na segunda etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Resultados en Penedo do Galo 2025

A polo hit!!

← Blogue