eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Friaxe en MurrurundiLuns 13 de abril de 2020 · por fran · Ligas

VII Liga de Primaveira. New South Wales2ª xornada · MURRURUNDI GAP

Notouse a altitude da 2ª xornada da Liga de Primaveira e fixo descender as temperaturas significativamente con respecto á derradeira xornada.

Na sobremesa da domingo quedaron fixos os resultados diarios, ainda que suxeitos á verificación final do BOM. E de novo a axencia meteorolóxica australiana trocaba un parámetro que deixaba o novato de primaveira sen unha vitoria espectacular. Quedaba nese momento a un único kilómetro do pleno, na que sería a estrea máis grandiosa dun novato. Pero o BOM non é un anxo. En Kempsey trocou o vento, e, en Murrurundi elevou un grado a temperatura máxima, que fixo que un vello xogador, instalado por norma xeral na zona media, gañara en soidade e ademáis colle as rendas da Clasificación Xeral. Por tras, somentes un participante por baixo dos 50 puntos e todo ainda moi apertado.

Se queres coñecer todos os datos recabados na xornada de Murrurundi, pica no enlace embaixo exposto. Tamén publicamos a Crítica crónica da xornada inaugural en Kempsey, a cargo de Iago.

Agardamos que tod@s manteñan a saude nos tempos do COVID-19. Cóidate moito…

Resultados en Murrurundi

Crítica de Kempsey (por Iago)

← Blogue