Xa dispoñemos dos resultados da 1ª xornada do VIII Torneo de Vran en Alaska. eltiempoentuojete grelou nas illas Aleutianas no día da festa dos barrotes e as estrelas, dando comezo a unha carreira non armamentística. Pero o clima é unha arma de destrucción masiva máis poderosa que as convencionais.
A madrugada foi morna, con temperaturas inmóviles e que deixou unha temperatura mínima de 8º C. O calor medrou no mediodía e na sobremesa acadaba os 14º C., por riba da maioría das apostas. Nese momento a chuvia non chegaba a completar o litro e o refacho de vento marcaba 50 km/h. Pero estes parámetros trocaron coa chegada da noitiña, cando se superou o litro, que xa foi definitivo, xunto cun incremento no vento que no final da xornada asinaba 69 km/h., moi por riba das prediccións d@s meteoludópatas.
Os resultados finais amosan dous vencedores ó unísono con 54 puntos. Botikas e Compoñente Sur toman o mando da clasificación xeral, nunha posición envidiable para acceder ós 16 postos que dan acceso á Ojete’s Cup. Jose Lopez accede ó terceiro paso do podio en soidade con 53 puntos. A continuación tres aspirantes con 52 puntos. Xowi, Aki e Beocha presentan as súas cartas, ben colocad@s. Víbora e Lukas de seguido con 51 puntos. Dende este 9º posto ata o 16 comparten valor de 50 puntos. Breogán77, Balboa, Sarabia, Michi, Ocandepavlov, Verducido, Iago e Nanuq completan os 16 lugares con aceso á Ojete’s Cup. Poucas diferencias atopamos no resto dos competidores, ainda con moitas posibilidades de remontar, dadas a mínima disparidade nos marcadores.
Para acceder a tódalos detalles do acontecido na 1º etapa en Alaska, preme no botón de enlace embaixo exposto.
Resultados da 1ª etapa do Torneo de Vran en Alaska. Cold Bay
Na OjeteQuake 2021, os sismos seguen a escapar dos sismoludópatas de eltiempoentuojete. De novo o sismo de referencia deixou @s apostantes por baixo dos 400 puntos. Localizado en Atacama, Chile e cunha magnitude de 6 Mg. o sismo, coma o “gordo de nadal”, saíu cedo, xa na primeira hora da etapa. Terremotos nos lugares habituais non poideron superar a marca chilena. O participante con aposta máis preto do epicentro foi Landrán, que acada a súa 2ª vitoria neste 2021 e tamén no histórico. As penalizacións fan que ocupe un posto baixo na clasificación xeral. Ésta segue co dominio de Víbora, que sobrevivíu esta xornada cunha baixa pountuación e cos “lobos” pisándolle o calcañar. Mina e Jose Lopez son os “lobos” que completan o podio. Breogán77, Rasta76, Balboa, Xowi, Lukas, Popolo e Iru, nesta orde, conforman o Top-10 na competición sísmica.
Se queres comprobar o sucedido na 13ª etapa da OjeteQuake 2021, clica no botón exposto baixo estas letras.
Resultados da 13ª etapa da OjeteQuake 2021