eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueVIII Liga de Primaveira. The South USA

Algúns datos da Primaveira 2021

Martes 22 de xuño de 2021 · por fran · Ligas

Antes de presentar a nova competición meteorolóxica, queremos amosar algúns datos estadísticos baseados no rendimento dos competidores de eltiempoentuojete na recén rematada Liga de Primaveira 2021. A páxina está en construcción, á espera de novos datos e gráficos. De momento, será moi interesante coñecer as…

Ler máis »

A osadía premiada

Luns 14 de xuño de 2021 · por fran · Ligas

Espectacular xornada final a desputada este domindo en Orlando, para poñer remate a unha das Ligas máis desputadas das xogadas en eltiempoentuojete. Moit@s eran os candidatos nesta etapa que viña co sambenito xa repetido de trebóns e chuvasquería, case sempre insignificantes. Pero agardábanos unha sorpresa en forma de…

Ler máis »

A maxia de Disney

Sábado 12 de xuño de 2021 · por fran · Ligas

Estamos de parabéns en eltiempoentuojete. Derradeira xornada da Liga de Primaveira en USA e, amáis de ter unha xeral moi apertada, a etapa vai ter a emoción necesaria que require a Liga. Ameaza de treboadas, calor abafante e vento medio é o que agardamos para o domingo. O Top-10 está cheo de novos valores que loitan…

Ler máis »

Todo por decidir

Luns 7 de xuño de 2021 · por fran · Ligas

A xornada de West Palm Beach deixa todo por decidir para a etapa final en Orlando. A temperatura mínima quedou moi alta, en 26º C. Imaxinamos unha noite tropical, ainda que as treboadas non descargaron máis que tronadas e un par de pingas de chuvia, insuficientes para marcar algo máis que un 0. As temperaturas máximas…

Ler máis »

A incertidume

Sábado 5 de xuño de 2021 · por fran · Ligas

Penúltima xornada da Liga de Primaveira 2021, a desputar e West Palm Beach e coa incertidume sobre as posibilidades de chuvia, pero que tamén afecta á Clasificación Xeral. Éste complexo turístico acolle a 9ª etapa da Liga nun momento decisivo da competición, con moit@s pretendentes para a altura na que estamos. As…

Ler máis »

A liga nunha puñada

Luns 31 de maio de 2021 · por fran · Ligas

Non fai falla que chova para que se mova a clasificación xeral. E unha mostra é o acontecido e Fort Lauderdale. Os negacionistas da chuvia están de festa, pero non pola verificación dos seus trastornos, senón porque a chuvia que se recolleu foi insuficiente para ser tomado en conta. Polo tanto, etapa na que choveu,…

Ler máis »

Etapa decisiva?

Sábado 29 de maio de 2021 · por fran · Ligas

A falta de somentes tres xornadas para o remate da VIII Liga de Primaveira, semella que Fort Lauderdale pode ser decisiva para o devenir da competición. Unha pequena porción de chuvia pode decidir moitas cousas de cara ó final e pode ser a derradeira etapa con posibilidade de chuvia. Preparados para o gran remate en…

Ler máis »

A etapa desexada

Luns 24 de maio de 2021 · por fran · Ligas

Cando un meteoludópata de eltiempoetuojete soña co final dunha etapa, agarda verse no alto da táboa, e a ser posible, en soidade. É sinxelo de imaxinar… O que non é tan sinxelo é verte sosiño,no máis alto dunha etapa sen chuvia e descubrir que ademáis levas o trunfo, tamén en soidade, na nosa competición dos…

Ler máis »

Bye, bye, Mississippi

Sábado 22 de maio de 2021 · por fran · Ligas

A sétima etapa da VIII Liga de Primaveira despídese do estado de Mississippi na casa de Elvis Presley. Tupelo semella que o xogo será sobre seco, polo que a vitoria vai ser moi desputada e o gañador terá que traballar moito para acadar un trunfo e soidade. A falta de catro xornadas, a Clasificación xeral está moi…

Ler máis »

O comezo do final

Luns 17 de maio de 2021 · por fran · Ligas

Desputóuse en Jackson a primeira xornada da segunda parte da VIII Liga de Primaveira. Os resultados non son definitivos para a clasificación xeral, pero cada paso vai reflectir no resultado final. As temperaturas estiveron dentro do agardado, cunha máxima de 28º C. e unha mínima de 16º C. A chuvia non fixo aparición e…

Ler máis »

Máis vellos →