eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueVIII Liga da Inverneira

Poñendo o ramo

Luns 21 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

Xornada final da VIII Liga da Inverneira a desputada en Xesteiras, no concello de Cuntis. Ainda quedaban varias incónitas por despexar na Clasificación Xeral que foron alumbradas neste fin de semana. E Xesteiras non o fixo doado. A etapa comezaba marcando o primeiro máximo do día, o do refacho, que nada máis comezar o…

Ler máis »

Asuntos pendentes

Sábado 19 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

Ainda quedan asuntos por resolver nesta derradeira etapa da VIII Liga da Inverneira. O Monte Xesteiras, en Cuntis, será o xuiz final que deixará coma definitiva a Clasificación Xeral. Despois dunha semana con prediccións cambiantes, semella que a xornada será sobre tempo seco e morno. Pero a loita polo podio e a…

Ler máis »

Incógnitas sen resposta

Luns 14 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

Semella que o título da VIII Liga da Inverneira xa ten dono, ainda que resta unha das etapas raíñas a desputar en tempo revolto. Pero por tras están a pasar moitas cousas, e non todas cara o esclarecemento da competición. A temperatura mínima rexistróuse na madrugada, acadando os 4º C., moi preto da maioría das…

Ler máis »

Redención

Sábado 12 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

A penúltima xornada da VIII Liga da Inverneira, en A Granxa, leva consigo a oportunidade de redención para moit@s participantes. A inestabilidade da unha oportunidade a partires de unha dana/cicloxénese/nube pasaxeira que ten moitas posiilidades de coverterse nalguha cousa. Como vedes nen sequera as axencias se poñen…

Ler máis »

Loitas ata o final

Luns 7 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

Seica moitas das loitas da clasificación xeral van quedar para as derradeiras datas de competición. Ainda que os pequenos movimentos nestas citas finais poden modificar significativamente o resultado definitivo en Cuntis. Todo conta a falta de duas xornadas para o gran final. A madrugada de competición comezou en 0º…

Ler máis »

E volta a vaca ao millo

Sábado 5 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

Despois duhna semana de chuvia feble, as altas presións voltan a Galicia a pasar a fin de semana, facendo valer a tradición de xeada en Xinzo de Limia. Semella que o non ter precipitacións a etapa será de transición, pero sendo a antepenúltima xornada da Liga e mantendo as diferencias mínimas en moitos lugares da…

Ler máis »

O Sátrapa de febreiro

Mércores 2 de marzo de 2022 · por fran · Ligas

Saúdos!! Xa temos disposto o informe estadístico para este pasado mes de febreiro. Unha comparativa co ano pasado e co histórico, ademáis da presentación dos mellores en cada un dos parámetros e os vencedores de etapa. Se queres saber onde destacas ou onde precisas de mellora, pica no enlace seguinte, levarate ata o…

Ler máis »

Cheirando a fin

Luns 28 de febreiro de 2022 · por fran · Ligas

Tres únicas xornadas restan para o final da VIII Liga da Inverneira e os puntos valóranse máis que nunca cara un remate de competición con dignidade. Semella que se non entra algunha borrasca nas etapas vindeiras o título pode estar adxudicado. As posicións de honra no Top-10 ainda están por dilucidar, incluindo o…

Ler máis »

Buscando un burato

Sábado 26 de febreiro de 2022 · por fran · Ligas

Semella que a influencia anticiclónica destas derradeiras xornadas está a ser ameazada pola impaciencia das borrascas atlánticas. O porteiro da discoteca “Anticiclón” é un profesional das Azores que comeza a ter problemas para reter ós temporales pendencieros que chegan dende o oeste cos calcetíns brancos e buscando…

Ler máis »

Acatando o anticiclón

Luns 21 de febreiro de 2022 · por fran · Ligas

A etapa de Punta Candieira estivo marcada pola imposición das altas presións na atmosfera, o que redundou en tempo case solleiro e temperaturas mornas, que unido a un vento sur/suroeste de gama baixa, deixou unha xornada con pouca amplitude térmica, precipitación case inexistente e vento frouxo para a zona de xogo. As…

Ler máis »

Medindo as forzas

Sábado 19 de febreiro de 2022 · por fran · Ligas

Semella que o tempo tamén ten unha dura competición para dirimir a supremacía climática na zona do océano Atlántico. As borrascas buscan o seu lugar nesta época do ano mentras se atopan coa resistencia do anticiclón, empeñado en facerse un sitio en pleno centro do Atlántico. Polo norte e polo sur, as borrascas ameazan…

Ler máis »

Máis vellos →