eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Inicio oficial do invernoSábado 28 de decembro de 2024 · por fran · Ligas

XI Liga da Inverneira14ª xornada · Serra do Eixe

Na Serra do Eixo comeza oficialmente a segunda metade da XI edición da Liga da Inverneira. Na comarca de A Veiga e a máis de 1000 metros de altitude despútase a 14ª xornada cun claro acento anticiclónico. Ausencia de chuvia, vento frouxo e temperaturas baixas pero sen estridencias, semella que távoa de clasificación xeral non vai ter demasiados trocos. Ou iso parece…

As apostas en temperatura máxima van dende os 2 ata os 10º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -6 e 3º C. As precipitacións probables enmárcanse entre a seca e 1 litro, mentras que os refachos de vento van dende os 5 ata os 35 km/h.

Dada a igualdade dos parámetros augurados estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co desafío de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. O inverno en marcha!!

As apostas:

Saúde e clima!!

← Blogue