eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Outono no PenedoLuns 5 de outubro de 2020 · por fran · Ligas

VII Liga da Inverneira de Galicia2ª xornada · Penedo do Galo

Grande xornada a desputada no Penedo do Galo este domingo baixo a influencia de Alex, a borrasca que fixo das suas en Centroeuropa. Eiquí na Galiza non foi tanto, pero deixou unha competición espetacular para os meteoludópatas de eltiempoentuojete.

A temperatura tivo pouca amplitude térmica e deixou rexistros de 12 e 8º C. A auga recollida chegou ata os 13 litros e o refacho acadou unha velocidade de 84 Km/h.

Balboa foi o vencedor en soidade cunha aposta que somentes perdeu un punto por parámetro. O resultado deixóuno na segunda praza da xeral, a somentes un punto do líder.

O líder, Michi, acadou a segunda praza da xornada e mantén a posición de privilexio na távoa xeral.

Verducido e Beocha están no terceiro peldaño da etapa e entran no Top-10, a 4 e 5 puntos respetivamente do liderato.

Por tras, Nanuq, Landrán e Modesto acadan 54 puntos. Nanuq sube ata o terceiro posto, Landrán achégase ó Top-10 e Modesto, novato con aspiracións que esquece o varapau da xornada inaugural e comeza a trepar pola clasificación xeral.

Sarabia, Lume e Botikas pechan o Top-10 en Penedo do Galo e tod@s entran no Top-10 da xeral, posicionad@s coma aspirantes ó título.

Por baixo, unha mala selección en tódolos parámetros soterran a Breogán77 e a Bar Pequeno, vapuleados por un penedo duro de roer.

Pero se queres acadar tódolos datos resultado da etapa en Penedo do Galo, pica no enlace de embaixo.

Resultados en Penedo do Galo

Saúde e sorte!!!

← Blogue