Dúas xornadas de chuvia e semella ainda non estamos preparados para o que se nos ven enriba. Sonaba a chuviosa a xornada de Ponte Caldelas, pero diso a que ninguén puntuase en auga hai un treito longo. Nin Julio, coa aposta máis alta do día, que incluso chegou a estar na 4ª praza, restando a penalización da primeira etapa, nin Botikas, o xenio predictor, nin Kaltxon, o líder puderon puntuar nesta 5ª cita de competición. E nin sequera Magor, actual campiona e raiña indiscutible do pluviómetro pudo demostrar as súas cualidades este domingo. Con máis de 20 litros de diferenza coa realidade, ninguén merece puntuar e iso igualou os marcadores e os mellores en temperatura e refacho levaron as mellores puntuacións.
A temperatura mínima non se acadou na madrugada, senón xa ben entrada a noitiña con 14º C., alta para o frío que predicían as axencias. Na primeira hora de competición acadóuse a máxima diaria con 18º C. A presencia da chuvia estaba cantado que sería cuantiosa, como así foi, pero moi por riba do agardado, acadando os 57 litros. O vento marcou un refacho máximo de mediana consideración na hora do vermú con 41 km/h.
E despóis de múltiples líderes onde Julio semellaba que daría a badalada final, pasóuse á loita con temperatura e vento e foi onde destacaron os 3 xogadores trunfantes. Xowi, Sarabia e Breogán77 levaron a vitoria sendo os mellores nos parámetros en xogo. Moi finos no que se xogada, sumaron 38 puntos no marcador. Podemos chamarlle pírrica a esta vitoria, pero foron mellores que o resto. Xowi sube ata a 4ª praza, Sarabia ata a 14ª e Breogán77 ata compartir Top-10 na 12ª compartillada.
Ata 6 meteoludópatas compartiron a segunda mellor puntuación, 37 puntos. Rasdgar sube ata a 15ª posición. Mingos ata a 19ª, con aviso de penalización na próxima xornada, derradeira con marxe ata as 01:00 (non para el). Marius e Julio comparten praza no Top-10 con este último firmando unha remontada de moita categoría. O líder Kaltxon aumenta a vantaxe e mantén a cacheira da xeral, mentras Michi segue asombrando e colócase na 7ª praza compartida.
Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Ponte Caldelas. Para acadar tódolos datos recollidos na terceira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.
Resultados en Ponte Caldelas 2025