eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Fazaña (case) inesperadaDomingo 14 de xuño de 2026 · por fran · Ligas

XII Primaveira 20269ª xornada · Nago

Impresionante o desenvolvemento desta penúltima xornada da Liga de Primaveira en Okinawa. Cando todo sinalaba que a vitoria final tiña dous candidatos claros, un terceiro súmase á loita e nada menos que apañando o liderato, salvando 17 puntos coa lideresa Beocha e convertíndose no principal aspirante ó titulo nas illas xaponesas. A chuvia foi determinante de novo para este troco de guión e incluso poderíamos invitar a outros xogadores vendo o que pode mudar nunha soa xornada.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada, con 22º C. A máxima chegou ata os 28º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e o final foron 11 litros ata o final do día. O vento marcou un refacho máximo de 46 km/h., na media alta do que apostaba a maioría da xeral.

Así atopamos o heróe do día, con 56 puntos, moi por riba de calqueira outro participante. Enrico Ferni deixou somentes 2 puntos na chuvia e cadanseu punto nas temperaturas e no refacho. Tan acertada a aposta que o leva diretamente ata o liderato da clasificación xeral, cun punto de distancia sobre Beocha e 6 sobre o terceiro clasificado, Verducido. Pouco máis que dicir que impresionante e máxico.

46 puntos para Bar Pequeno, que desta vez sí fixo unha gran aposta nas temperaturas e acada a segunda praza do día en Nago. Posto 14 para el, xa preto dos seus predecesores.

44 puntos para Popolo, que ainda que deixou 12 puntos no pluviómetro, o resto de parámetros estiveron moi axustados. Na xeral comparte puntuación con Bar Pequeno.

Breogán77 foi outro dos que sumou por riba dos 40 puntos, en concreto 43, que o deixan ubicado na 7ª praza moi preto de acadar o Top-5 no caso de bo rendimento na xornada final.

Marius chegou ata os 40 puntos e pecha o grupo que acadou esa cifra nesta 9ª etapa. Atópase no límite do Top-10, sendo factible o seu ingreso no clube se desenrola unha boa etapa final.

Xa non imos falar das posicións por baixo dos 40 puntos, teredes que buscalas vos mesmos nas clasificacións da xornada e na clasificación xeral.

Dicir que temos 3 aspirantes principais ó titulo, sen esquecer que Okinawa é un sitio traicioneiro e calqueira podería tentar unha fazaña similar á de Enrico Ferni en Nago. Por todo iso, non deixedes de pensar ó grande buscar o mellor resultado nesta competición de entretempo.

Estas foron as 5 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Nago. Para acadar tódolos datos recollidos na 9ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

Resultados en Nago 2026

Forza e clima!!

← Blogue