eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Vranciño perigosoSábado 17 de outubro de 2020 · por fran · Ligas

VII Liga da Inverneira de Galicia4ª xornada · A Armenteira

Benvid@s á 4ª xornada da VII Liga da Inverneira, a desputar en A Armenteira baixo a influenza dun anticiclón e unha borrasca que non pensa lamber a costa sur de Galicia. Agárdase un día solleiro e con vento baixo, pero iso non sempre acontece así. Para iso estamos nós, para perfecionar os oráculos das axencias profesionais.

Neste día contamos con máximas en temperatura que oscilan entre os 17 e os 22º C. As mínimas, un pouco máis amplias, van dende os 7 ata os 13º C. Na pluviosidade somentes reflexamos un litro nun apostante, pero que sería decisivo dada a igualdade das apostas. O refacho de vento céntrase entre os 11 e os 45 KM/h.

Moi apertada a xornada, con apostas semellantes, o que lle dará emoción ata o derradeiro segundo. Podes seguir a xornada ao vivo dende eiquí.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

← Blogue