eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Ata o derradeiro alentoMartes 28 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

XII Liga da Inverneira6ª xornada · Serra da Faladoira

Etapa esta de Serra da Faladoira de longo percorrido e final agónico, coa temperatura mínima baixando ata case picar os 6º C., que beneficiaría a Botikas e Verducido, os únicos con semellante baixada. Ó final, máis axustado non puido ser, cunha marca de 6.56º C., somentes unha centésima por riba do establecido na normativa. Tamén a chuvia estivo preto de dar a sorpresa, pero non foi o suficiente para trocar o 0 maioritario. O refacho foi frouxo para a opinión xeralizada e a máxima estivo dentro do agardado.

A temperatura mínima non se acadou na madrugada, senón xa ben entrada a noitiña con 7º C., razoable para o frío que predicían as axencias. Na primeira hora da tarde acadóuse a máxima diaria con 12º C. A presencia da chuvia estaba cantado que sería escasa, como así foi, con 0.3 litros que redondea a 0. O vento marcou un refacho máximo de mediana consideración na hora do vermú con 27 km/h.

Con estes datos obtivemos un gañador en soidade, con 59 puntazos, mallando tódolos parámetros agás o refacho, onde quedou a 3 km/h. do pleno. Landrán foi o heroe no concello de Ortigueira e úpase ata a 5ª praza compartida. Outro aspirante ameazador.

E sumando 58 puntos está Rasta, outro que pasa do final da táboa a Top-10 confirmado neste inicio de competición. 7ª praza, xusto tras o gañador da etapa, Landrán.

Con 57 puntos atopamos a Magor, vixente camioa e achegándose paseniño ó Top-10 e agardando pola chuvia. Tamén nesa puntuación Beocha, cunha 4ª praza que semella mantén dende fai anos, agatiñada para dar unha sorpresa. E mesma puntuación para Kaltxon, líder e collendo vantaxe, nesta etapa váise ata os 7 puntos sobre o segundo. Recorda a aquel participante que estivo a punto de dar o sorpasso fai uns anos. seica será este o seu ano?

Engadindo 56 puntos na xeral está Xowi, outro desafiuzado nas últimas edicións que ostenta a 5ª praza compartida e mantén o nivel. Marius, outro eterno aspirante, colle a 8ª praza compartida e tenta trepar polo Top-10. Julio, outro monstro da competición forma parte dese posto compartido e xa case esqueceu a penalización de Corrubedo. E o carón destas bestas, o debutante The Profesor semella ir collendo confianza e busca remontar dende o fondo da xeral. Posición 25 para el.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Serra da Faladoira. Para acadar tódolos datos recollidos na sexta etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Resultados en Serra da Faladoira 2025

Sorte e clima!!

← Blogue